Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Categorías  Correo-e
viernes, 03 de octubre do 2008

Algunhas persoas o miden todo por listas. Listas, categorías, niveis, clases, tipos, escalafóns... para esas persoas as cousas que non figuran nun listado simplemente non existen. A lista dos mais guapos, a lista dos mellor vestidos, a lista dos mellores restaurantes, a lista de gañadores, de perdedores. Esas persoas teñen por costume categorizalo todo.

As veces dáme a sensación de que existe un plan. Chamádeme tolo si queredes (chamádemo, de verdade, non me importa demasiado a estas alturas da película) pero creo que existe algo parecido a unha lista de prioridades de actuación no noso pais. Unha lista que existiría dende hai tempo e que simplemente marca unha liña común a tódolos gobernos, sexan da cor política que sexan, para que o territorio siga unha traxectoria mais ou menos igualitaria. Mais ou menos.

Por mor desa lista, en primeiro lugar se inviste nas cidades. A relación de persoas afectadas e resultado das actuacións e maior e ademais o desgaste das infraestruturas tamén. Despois aquelas comarcas con maior densidade de habitantes, non sei, a Mariña Luguesa ou a Ría de Arousa, onde existen poboacións que roldan os cincuenta mil habitantes preto de outras mais pequenas e onde tamén fan falla pequenas inversións cada pouco. Logo irían aqueles lugares mais alonxados dos grandes núcleos, zonas de Lugo e Ourense, puntos preto das fronteiras con Portugal e León, pequenos recantos da alta montaña. E o fin, no pé da paxina que contén esta lista estamos nós, a Costa da Morte.

¿Porque estamos o final? Bueno, alguén tiña que ser e ademais de ser o recanto que estropea a xeografía perfecta da costa atlántica galega, que seria dereitiña coma un fío sen esta nariz de pedra, somos tamén o lugar mais afastado das rutas comerciais tradicionais e do eixo A Coruña-Santiago-Vigo. A Mariña lucense comunica o norte coa cornisa Cantábrica e o sur de Ourense e Pontevedra con Portugal. ¿E o centro?. Ben, Monforte e Sarria comunican norte e sur, Lugo con Ourense e o que queda entre a capital e Vigo ten a súa propia autopista e tren dende hai décadas. Así que, simplemente, alguén debía quedar “sin”. E fomos nós.

Non agardo por suposto trocar mentalidade ningunha con diatribas coma esta pero a próxima vez que inxenuamente alguén pense que nesta terra e diante das administración todos os galegos somos iguais, simplemente, pense neste deseño cuadriculado da inversión en Galicia. E volva a realidade.

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com