Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O pintor reciclado  Correo-e
miércoles, 08 de octubre do 2008

Image

A semana pasada achegámonos por Carnota para visitar a un dos moitos artesáns da bisbarra que viven das súas mans e que tan pouco recoñecidos están. Ricardo J. Sánchez Cañaveras vive no lugar Louredo dende hai 4 anos, logo dunha vida por Europa adiante sobrevivindo da hostalería e das ventas das súas obras. A vida de aldea segue a darlle unha tranquilidade que buscaba logo de toda unha vida de cemento.Image

Chegou ata Louredo e recuperou unha casiña e mailo seu taller. Ao longo dun ano, a ritmo de swing e facéndose con mobles e aparellos reciclados da rúa, puxo a casa que parece sacada dunha revista de estilismo, i é que o arte lévase dentro e máis cando vén de familia, coma no seu caso, xa que o seu pai dedicábase a facer carteles de cine e ilustracións para libros. 

Para gañarse a vida, Ricardo emprega bastante tempo en cubrir o cupo de retratos ou copias de cadros clásicos que cada mes lle solicitan, é o que máis se vende sen dúbida, recoñece. Pero el non se casa con nada e efectivamente podemos atopar no seu taller dende bodegóns ao óleo como obras costumbristas en cerámica de azulexo, como vemos abaixo. Tampouco podo poñerme a producir para que logo ter unha pila de obras sen saír que se amontonan sen sentido, comenta sobre a prioridade do retrato na súa obra.

Non se centra a súa obra na pintura, senón que expresa o seu talento en cada cousa que toca, como esas lámpadas de barbas de balea que vemos abaixo ou o toque que lle dá a cada moble que restaura.

Alén da súa arte, presta clases de pintura a varios rapaces da zona. Sen ir máis lonxe, o bar Rodín de Cee acollía unha exposición de dous dos seus pequenos aprendices, e este mes acolle unha das súas marabillas feitas sobre barbas de balea. Na imaxe de abaixo vemos as barbassen traballar podedes ver o que fai con elas no Rodín.

Image 

Tamén as ANPAs das escolas da zona, que non os concellos, contrátano para impartir clases de manualidades cos maís pequenos. Deste xeito, os cativos de Cee, Muros, Santa Comba ou Noia disfrutan de actividades extraescolares da man do artista.

A vida na CostaImage

Sobre a súa vida na bisbarra apunta o tranquila e relaxada que é. Ricardo resalta o barata que sae a vida por estes lares, xa que cando quitas as cervexas cos amigos, o cine, cear por aí, o teatro... Pero a vida tranquila non se paga con nada e lembra que aquí vívese tranquilo, á túa bola e con poucos cartos. Tamén se me collera esta vida con 20 anos menos, ao mellor non aguantaba unha semana.

O que non dubida é en aportar ideas para incrementar a beleza das vilas da bisbarra. A estas vilas eu metería color, color por todas partes, que lle daría moita alegría. E tamén poría máis cemento, que a pedra digan o que digan, é fría de....

Burocracia

O que lle gustaría a Ricardo sería poder ter un papel que lle recoñecera como artesán pero as cousas non están tan sinxelas como parece. Isto implicaría unha cantidade de ingresos fixos ao mes que a xente que traballa coas mans e con este pequeno volume de ventas élle imposible de manter.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Joanna Maria Chrzanowska.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com