Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A filosofía toma Cee  Correo-e
jueves, 09 de octubre do 2008

Esta fin de semana a filosofíá tomará Cee. O espectáculo Cachai, tomado como unha aula aberta de filosofía, invítanos a participar desta reflexión conxunta da situación política e económica mundial, ademais de servir de revisión sobre a didáctica da filosofía actual. Encadrado no programa cultural do concello de Cee, serán 3 os pases representados cos seus correspondentes debates, dous pensados para os alumnos e un, o sábado ás 20:30, destinado a todas aquelas persoas que simplemente queiran reflexionar en grupo. Detrás de todo atopamos a Javier Turnes, profesor de filosofía do IES Fernando Blanco, quen nos contaba con detalle por que aparca en Cee este espectáculo.

Filosofía fóra da aulaImage

Se ben Cachai é unha obra que poden disfrutar tanto os adultos como a xente nova, a experiencia traída á bisbarra está enfocada cara os escolares. Con todo, a sesión do sábado pretende acoller a todos aqueles que queiran. 

Cachai

Continuando coa liña de revisión da didáctica da filosofía, a Sociedade de Filosofía Hispano-Chilena (SOFIHC), o director da obra Pepe de Jiménez, o profesor de filosofía chileno Esteban Zamora e Javier Turnes, xunto con outros profesionais do ensino de Barcelona, Chile e Alicante, traen á Costa da Morte este espectáculo, presentado nun comezo a modo de ensaio literario, sobre a fascinación, sobre a historia, sobre a soidade, sobre o mundo.

Logo do éxito colleitado polo Deseo de ser piel roja, adaptado do texto homónimo de Miguel Morey, a produtora catalana Plan de Fugas, a alicantina El Teatro del buscavidas, coa colaboración da  (SOFIHC), presentan na Costa da Morte o espectáculo Cachai. Cachai (ese "cáchalo?" que diríamos por aquí pero nas rúas chilenas), escrito e dirixido polo dramaturgo catalán Pepe de Jiménez, e abalada por Jean Ziegler, Director do programa de Alimentación Mundial da ONU, está concebida como unha reflexión sobre a nova orde mundial e a distribución da riqueza.

Reflexión que parte da situación chilena canda a dictadura e no acontecimento traumático de dous irmán que sobreviven milagrosamente a o golpe de estado.

Image 

Experiencia Ágora

Os alumnos do IES Fernando Blanco xa participaron dunha experiencia semellante. Ademais das clases paticipativas de filosofía da man de Javier Turnes, houbo varios experimentos piloto que caeron polo seu propio éxito. Así o contaba Turnes e Xabi González, un dos seus alumnos, na Radio Neria.

O espazo Ágora, un dos ámbitos de intervención educativa da SOFIHC, era concebido como un aula aberta de filosofía que servía como lugar onde os alumnos facían simplemente o que lles apetecía, sempre e cando que houbera algún nexo de unión coa filosofía. Películas, debates... un pouco de todo para dar comezo ao que foi un verdadeiro obradoiro de filosofía xa que os alumnos crearon un par de esculturas con material reciclado representando as dúas caras da sociedade actual: a velocidade do capitalismo e o falso freo das administracións públicas.

A experiencia, malia rematar tras algún que outro problema interno, traspasou a fronteira da bisbarra e Turnes acodía a varios simposios a explicar a experiencia e mesmo as propias estatuas, que se pudrían nun almacén por desavinzas internas, acabaron sendo a imaxe das manifestacións contra a reforma do horario das clases de filosofía, que finalmente remataron cambiando.

Onde e cando

Volvendo con Cachai, esta aula aberta de filosofía a partir dunha obra de teatro, pasará polos institutos e polo concello paraque todo o mundo poda participar:

  • Venres 10 de outubro: Salón de Actos do Concello de Cee, 9.00 e 12.00 h. Ás 9.00 serán os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Agra Raíces. Ás 12:00 serán os de 1º e 2º do Fernando Blanco. Todo con Miroscopio Perdicións e a súa Aula abierta de Filosofía.
  • Sábado 11 de outubro: Salón de Actos do Concello de Cee, 20.30 h. (Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia). Prezo: 3.5 € (2 € entrada bonificada pensionistas): Miroscopio Perdicións: Cachai.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com