sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
5 anos máis sen plan  Correo-e
jueves, 16 de octubre do 2008

Image

Image

Xa hai cartos para levar a cabo o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cee. Será no 2012 cando sexa rematado tras a aprobación definitiva por parte da Consellería de Política Territorial dunha axuda de 108.303 euros, a invertir en 5 anos.

Entrementres, o concello está vivindo a transformación máis grande case que da súa historia (se ben a construción do Recheo pasará aos anais). Aí podemos ver xa as obras da VAC levando materialmente medio monte por diante (con pozos e puntos de augas incluidos como vemos á dereita no lugar de Guimareu) as obras do novo parque empresarial, as do centro comercial do Vilar ou as obras de canalización que se están a levar a cabo no recheo, alén dos edificios en construción.

Ramón Vigo, alcalde de Cee asegura que a planificación dos núcleos rurais xa está definida e que a corporación está estudiando dous proxectos que xa saíron á luz hai uns meses: a ubicación do porto deportivo e a construción do campo de golf na zona da Armada.

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com