Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un país metido nunha fosa  Correo-e
viernes, 17 de octubre do 2008

Resulta que, aínda que algúns non o crían e outros moitos non o desexaban, o Xuíz Garzón decidiu declararse competente e abrir a caixa de Pandora das fosas comúns da ditadura. E das moitas reaccións que se escoitan unha me sorprende máis que ningunha, a da fiscalía, querendo como sexa “parar a desfeita”.

Si ben neste país existe división de poderes (xa saben, aquilo de executivo, lexislativo e xudicial) é de todos coñecido que na práctica é cada goberno dos elixidos en comicios o que a vontade vai trocando nomes para que a cousa lle cadre e non se produzan anacronismos do tipo de aprobar unha lei e que veña o Constitucional e cha bote a baixo. Dados estes extremos, públicos e notorios, un se pregunta ¿pero que é o que fai exactamente a fiscalía nomeada por Conde Pumpido, a vez nomeados polo goberno pseudo-socialista atacando a velocidade do raio unha decisión lexítima dun Xuíz competente?

Escoito que me falan da lei de amnistía do 78, da lei que servíu para liberar do cárcere os presos políticos do Franquismo, como a razón legal que sustenta o recurso e me dá a risa. E dicir, o mecanismo que chegou despois de mobilizar a toda a esquerda ilegal na España dos anos 70 vai servir agora para que os delitos de lesa humanidade cometidos polos fachas queden impunes. Manda truco, as voltas que dá a vida ¿eh?

Garzón, no seu auto afirma unha cousa que levo tempo dicindo cando me falan deste tema a quen me quere escoitar. Non se trata de cuestións políticas, nin de xeitos de ver a vida, nin sequera de ateísmo ou catolicismo, nin de atacar as bases sobre as que se sustenta esta precaria democracia na que vivimos, non. Trátase disto que o Xuíz expresa moito mellor ca min; “al igual que los vencedores de la Guerra Civil aplicaron su derecho a los vencidos y desplegaron toda la acción del Estado para la localización, identificación y reparación de las víctimas caídas de la parte vencedora, no aconteció lo mismo respecto de los vencidos que además fueron perseguidos, encarcelados, desaparecidos y torturados por quienes habían quebrantado la legalidad vigente al alzarse en armas contra el Estado.”

Simplemente. Xustiza.

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com