Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O recuncho da Costa (XLVIII): Cabo Touriñán  Correo-e
sábado, 18 de octubre do 2008

Image

Dinlle o lugar, este si, máis ao oeste de Europa. O último punto dende onde se pode ver o sol cada noitiña está en Muxía. Unha zona libre, unha zona que se salvou polos pelos dunha macropiscifactoría como a que invade a preciosa e semellante paraxe do Cabo Vilán, pero onde a tranquilidade respírase dun xeito moito máis claro.

Canda o faro non hai viraventos, canda o faro está a preciosa aldea de Touriñán, coas súass casillas de pedra no medio do verde. O mar móstrase bravo, por suposto, o que non impide que unha morea de pescadores acudan ás perigosas do lugar coa caña preparada. Valor si que hai que ter.

O cabo está incluida na Ruta dos Faros, que promociona o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, e a sinalización é bastante boa, para o que estamos acostumados, claro.

Como chegarImage

Dende a estrada AC-552 que une Carballo e Fisterra, baixando antes de chegar a Cee collemos o desvío á Muxía pola Pereiriña (mellor que o de Berdoias). Ao chegar á Pereiriña temos que coller un desvío á esquerda que xa sinala Faro Touriñán, e a partir de aí os carteis son bastante explicativos. Hai tirar para adiante, deixando a praia de Nemiña á esquerda.

Outros recunchos

Vídeos de Francisco Santiago lópez

Outros vídeos

Fonte

  • Redacción ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • A fotografía de arriba é de Roicinho.
  • A fotografía da dereita é de Rosaura Romo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com