Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Programa do XV Ciclo de teatro de Ponteceso  Correo-e
martes, 28 de octubre do 2008

Image

Continúa a programación cultural de inverno do Concello de Ponteceso, e faino cun clásico, o ciclo de teatro. Este ano (xa van quince) haberá sete sesións os días 8, 15, 22 e 29 de novembro e 6 e 13 de nadal. Participarán o mellor do país, como son as compañías Talía Teatro, Grupo Mérito (Portugal), Lagarta Lagarta, Teatro do Noroeste e Fredi.

As sesións serán sempre os sábados no salón de actos da Asociación Cultural Río Anllóns en Ponteceso.

Outras actividades

A concellería de Cultura apunta tamén outras citas para estes meses. Como a Festa do Magosto, que terá lugar o 7 de novembro na Praza do Pan de Corme a partir das 20:00; ou o XII Certame de Corais Polifónicas do Nadal 08, que se desenvolverá o 20 de decembro na Igrexa de Nosa Sra. dos Remedios, de Corme, ás 21:00 horas.

Programa do XV Ciclo de Teatro de Ponteceso

Sábado 8 de novembro

Grupo Mérito (Portugal): O juiz das borracheiras

O Grupo Mérito com 98 anos a fazer cultura, dando a todos nós o melhor que pode e sabe, fazendo Teatro Amador. O juiz das borracheiras é teatro de cordel; de muleta popular de textos clássicos, passa a farsa independente, com direito a ter a cena toda por sua conta. Esta promoçao concorre para a popularizaçao do Teatro, numa conjuntura histórica dominada pela música, cinema, televisao e tecnologia da informaçao.

Ás 22:30.

Sábado 15 de novembro

Teatro do Nororeste: Extrarradios

Comedia urbana, aínda que marxinal, sobre o fructífero encontro de dúas mulleres singulares, unha mendiga chegada ao punto de maior degradación, e unha puta de estrada barata e acabada, que disputan o seu espazo vital, a parada abandonada do bus 108.

Nos límites imprecisos da cidade, e posiblemente tamén da realidade, móvense estas personaxes que, a pesares da súa lateralidade, manteñen o seu dereito a ser felices. Se cadra, todo podería acontecer doutro xeito, pero elas asumen cunha dignidade túzara a parte que lles tocou vivir.

A casualidade fai que Raquel, a puta de estrada, e a mendiga se atopen. Transitan uns espazos onde o encontro era posible, e unha vez que este se dá, acontece como nesas asociacións interesadas de animais de distinta natureza que, complementándose, conviven. A súa asociación non dá como resultado a suma das súas posibilidades, senón que xera un novo ser distinto dos sumandos, con características e potencialidades nunca sospeitadas. A súa casual sociedade confírelles unha nova e brutal natureza que desenvolveran en toda a súa capacidade destructora.Image

Será ás 22:30.

Sábado 22 de novembro

Talía Teatro: Anfitrión, e ti quen vés sendo?

Un fato de persoas sen teito vai representar unha versión do Anfitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida.

Por un desencontro coa dirección da institución asistencial deciden seguir os ensaios pola súa conta. Reunidos no lugar no que se acochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso de montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños.

Será ás 22:30.

Sábado 29 de novembro

Lagarta lagarta: AeroplanosImage

Aeroplanos é unha comedia: de texto, de intriga, idealista, enxeñosa e de linguaxe sutil. Sabemos que rir é unha defensa contra a angustia e, de maneira moi xeral, a comedia é o lugar de todos os alivios posibles. É unha viaxe da vida, dun instante, dun segundo. Unha viaxe onde o tempo, medible por un reloxo, non ten ningunha importancia, dunha viaxe que ten un minuto, nada máis, pero este minuto... dentro... teno todo.

Sábado 6 de decembro

Talía Teatro: Menos lobos

Jenifer, Jonathan e Chistopher son tres nenos de 7 anos que van á casa da súa amiga Jessica a celebrar o seu cumpreanos, pero atópanse coa noticia de que o cumpreanos é ao día seguinte.

Que facer...? Pois xogar a calquera cousa con tal de non aburrirse. Pero... a qué? Pois por exemplo... a representar un conto, un conto onde haxa lobos!

Espectáculo áxil, onde o ritmo trepidante dos seus diálogos consegue manter en todo momento a atención do público infantil.

A obra será ás 19:30.

Talía Teatro: Bicos con lingua

Artur Trillo e Toño Casais traen este espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante.

Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.

A obra será ás 22:30.

Sábado 13 de decembroImage

Fredi: Circanelo

O teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses como o mimo combinanse para crear una historia absurda, tola, sobre un artista coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrar o seu amado público do que é capaz.

No intento, ésta personaxe encontrarase cun montón de trabas que solucionará dunha forma un tanto particular, axudado, en ocasións, por a participación do público e dentro dun marcado rexistro clownesco. Obra gañadora do Festival Internacional de Clown (Festiclown 2006).

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com