|
A 9º xornada da 3ª Autonómica deixa á Esteirana un pouco máis líder. Só o Dumbría B e O Pindo conseguiron a vitoria para ir detrás dos muradáns, mentres que o VImianzo pinchaba en Buño. Buño- Vimianzo (3-1)  - BUÑO: Añón, Suso (Ramiro, min.16), Diego, Carlos, Lolo, Jorge, Miguel (Santi min.50), Iván Lorenzo (Dourado, min.72), Juan Antelo (Tono, min.87), Emilio e Bolón.
- VIMIANZO: Sergio, Ezequiel (Camilo, min.46), José, Iván de Treos, Varela (Asier, min.75), Martín (Rafa, min.46), Iván de Baiñas (Adrián, min.46), Stiven, Javi Suárez, Lagoa e Arán.
- Goles: 1-0, min.9: Bolón, marca de cabexa no segundo pau a centro de Juan Antelo; 2-0, min.17: Iván Lorenzo, marca a porta baleira logo dunha falta de entendemento entre o porteiro e a defensa visitante; 3-0, min.39: Juan Antelo, marca na área pequena un balón morto logo dun córner; 3-1, min.41: Lagoa, de penalti feito sobre el.
- Expulsións: Dourado (Buño, min.85), por cartón vermello directo tras unha agresión a Adrián e o adestrador visitante Raúl por dobre cartón amarelo (min.85).
O Vimianzo deu moitas facilidades na primeira metade e logo non dou remontando tanta diferenza no marcador. O equipo de Raúl Periscal, na tónica de todo ano, cometeu varios erros defensivos que lle custaron o encontro. A posesión do balón foi moi parexa, se na primeira metade o Buño levou máis o control na segunda o Vimianzo volcouse en ataque e tivo varias ocasións para reducir distancias, pero os oleiros souberon administrar moi ben a marxe do marcador, incluso tiveron unha moi boa ocasión de Jorge, pero no man a man con Sergio detivo este. Para o Vimianzo Arán a porta valeira e máis Iván de Treos a piques do descando puideron reducir distancias. Xa na segunda metade o perigo veu todo con xogadas a balón parado, que creaban máis nerviosismo que perigo real.
Coristanco- Dumbría B (0-1) - CORISTANCO: Pombo, Salva, Marcos, Germán, Iván (Marquiños, min.85), Luís, Carlos, Moncho (Mallón, min.75), Pibe (Martín, min.85), Arantón e Riquelme (David, min.60).
- DUMBRÍA B: Isma; Diego Oca, David Carreira, César Ferrio, David; Ramiro, José Manuel (Álex, min.76), Sergio Cives, Suso; Yenky (José Carreira, min.85) e Pablo Conde.
- Goles: 1-0, min.83: David Carreira, nun remate de cabeza logo dun saque de esquina.
Partido aburrido e sen claras ocasións de gol o disputado no campo coristanqués. As reducidas dimensións do campo impediron o xogo vistoso por parte de ningún dos dous equipos. Na primeira parte saíu máis decidido o Coristanco, mellor asentado no campo durante os 20 primeiros minutos. A partir de aí, houbo dominio alterno por ámbolos dous equipos. Na segunda metade, o Coristanco intentou irse mais arriba, pero os contraataques do equipo visitante fixéronos recuar. As ocasións máis claras do partido foron nos últimos 15 minutos de encontro, na que Pablo perdoou ante a portería despois de plantarse só dentro da área (min.78). Pouco despois tería unha nova ocasión o Dumbría a saque de córner, rematando fóra, pero na seguinte xogada, David Carreira lograba rematar dentro da área pequena un saque de esquina, poñendo o 0-1 no marcador. A partir de aí o Coristanco foise arriba con todo, poñendo os centrais de dianteiro centro, e creando perigo en dous córner consecutivos, que remataron fóra. Xa non habería tempo para mais e o Dumbría facíase cunha nova vitoria e consegue seguir ca súa boa racha de goles encaixados, tan só leva un gol nos últimos 6 encontros. O equipo local acusou a baixa do seu dianteiro de referencia, Toniño, que volveu a lesionarse. Cerqueda- Lira (1-0) - CERQUEDA: Diego Dourado, Javi, Roberto, Marcos, Martín Rivera, Alberto, Lorenzo, Dani, Diego (Lista, min.80), Cambre (Djalma, min.70) e Noel (Suizo, min.46)
- LIRA: Chola, Juan (Paco, min.46), Marco Antonio, Herminio, Pelexo, Edu (Brais, min.60), Teo, Chindo (Iago, min.65), Adrián (Suso Patachín, min.75), Josiño e Manoliño.
- Goles: 1-0, min.63: Marco Antoniol en propia porta logo dun forte zapatazo que se colou por toda a escadra.
Xusta vitoria do Cerqueda que fixo unha moi boa primeira metade. Na segunda e a raíz do gol, os visitantes imprimiron máis intensidade e gozaron de dúas moi boas ocasións de gol para empatar o encontro. Nantón- Bergantiños B (2-1) - NANTÓN: Rizos, David Lareo (Martín, min.80), Félix, Sito, Carlos Vidal, Amado, Diego Pasarela (Pablo, min.70), Javi Peon, Manolo (Sergio Vilaseco min.75) e Luís.
- BERGANTIÑOS B: Rubén Santos, Casais, Athu, Antonio, Fabian; Rubén Loureiro (Martín min.68), Borja, Cristian (Varela min.46), Gurita (Maikel min.74), Zalo e Alberto (Adrian Rey min.65).
- Goles: 1-0, min.30: Luís, a pase de Manolo; 1-1, min.45+2: Antonio, de penalti; 2-1, min.86: Félix, ao aproveitarse dun barullo dentro da área.
- Expulsións: Os locais Luís (min.45), por dobre cartón amarelo por protestar o penalti e Pablo (min.91), por dobre cartón amarelo.
O Nantón consigue a primeira vitoria desta tempada e con moitos apuros. A nota negativa do encontro foi a lesión de espalda do defensa local Athu que tivo que ser retirado en ambulancia do campo. O Nantón sufriu máis do esperado para sumar os tres puntos. Na primeira metade o Nantón ben colocado no campo non dou opcións ao filial, tan só a piques do descanso o colexiado sinalou un penalti moi dubidoso que incluso colleu por sorpresa aos visitantes. Na segunda metade o Nantón seguiu co dominio, e froito deste tivo un par de moi boas ocasións por medio de Diego, nunha estrelou o balón no pau cando tiña toda a porta libre, Sergio Vilaseco tamén tivo outra boa. Para os visitantes Adrián Rei lanzou ao pau. A xogada desafortunada do encontro foi a lesión de Athu, que levou un golpe na espalda e por prudencia foi sacado do campo inmobilizado e levado ao San Rafael en Ambulancia. Tras o primeiro análise parece que non ten nada grave e quedará toda noite en observacións. Tras o parón equilibráronse os efectivos de cada equipo, pois o Bergantiños tivo que xogar con 10 por ter todos os cambios feitos. Xa na recta final de encontro Félix encontrouse cun balón morto dentro da área e marcou para levarse os tres puntos. Muros B- Alcaián (2-1) - MUROS: Samuel, Manolo, Abel (Cusco, min.70), Diego, David, Fran, Piru, Ramón (Josete, min.46), Ivi, Carlos (Jantón, min.65) e Cata (Pena, min.55)
- ALCAIÁN: Mario, París (García, min.50), Iván Castro, Rubén, Iván Souto, Luisito (Ismael min.70), Víctor, Dani, Chinda, Gago e Martín Calviño
- Goles: 0-1, min.20: Martín Calviño; 1-1, min.54: Piru; 2-1 min.77: Pena.
Partido moi igualado, no que o Alcaián tivo máis ocasións de gol de primeira metade e puido marcar algún gol máis. Na segunda metade o filial muradán reaccionou e doulle a volta ao encontro conseguindo a primeira vitoria da tempada que non lle serve polo de agora para saír do último posto. Muxía-Esteirana (0-1) - MUXÍA: Luís Romaní, Moises, Angle, Chori, Adrián, Josiño, Álvaro (Dani, min.35), Juni (Santi, min.67), Alberto, Joan (Papi, min.75) e Gerardo.
- ESTEIRANA: Luki, Damián, Pablo, Mingos, Picholeiro, Uru, Adrián (Pesco, min.52), Martín, Cajulo (Donai, min.80), Roberto e Álex (Andel, min.90).
- Goles: 0-1, min.30: Cajulo.

Un partido máis e xa van uns cuantos no que o Muxia unha vez máis padece a sua ineficacia de cara o gol. Partido con dúas partes diferenciadas na primeira un maior dominio por parte da Esteirana non por un dominio maior no campo, pero si por un maior número de ocasións e unha segunda dominada por completo polo Muxia. No primeiro minuto ocasión clara de Joan que dispara dende fóra da área pero o balón vaise ao poste. A partires de aqui dominio parcial do Esteirana que comeza a crear numerosas ocasións que unhas veces desvarata Luis Romani e outras son falladas polos seus dianteiros. Froito desta presion, dun córner inexistente, segundo os locais, chegou o gol da Esteirana que primeiro saca debaixo dos paus Chori pero o seu rexeite vai ao borde da área, e dende ali o dianteiro Cajulo marca dunha fermosa. Nesta primeira parte só destacar outra ocasión polo Muxia que Yuni só dentro da área entretense demasiado dándolle tempo aos defensas a chegar para afastar o perigo. Na segunda o Muxia saiu disposto a levantar o partido ainda que con máis corazón que acerto. A xogada que puido cambiar o sino do partido foi unha falta ao borde da área (minuto 85) que o debutante Santi Papi, porteiro dos xuvenis do Muxía que debido as numerosas baixas tivo que exercer como xogador de campo, lanzou ao traveseiro quedando o balón solto na área e co porteiro no chan remata Angel de cabeza indo o balón ao porteiro que rexeita aos pes de Gerardo que se entreten e un defensa logra desviar o coiro. Cabe lembrar que a Consellería aprobou as obras do campo de Esteiro para a remodelación á herba artificial. Cabana-O Pindo (1-4) - CABANA: Gonzalo, Jose Manuel, Jacobo (Marcos, min.60), David Sande, Rubén Rama, Edu, Fernando (Dani, min.56), Martin (Pablo Cambón, min.71), Josiño, Eloy (Rubén García, min.63) e Fernando López.
- O PINDO: Garrido, Miguel de Cee (Angel, min.85), Juan Antonio, Álex, Martín, Piquero (Quico min.73), Sergio (Diego, min.80), Fran, Tuti, Rafa (Isma Leis, min.70) e Miguel de Lira.
- Goles: 0-1, min.8: Piquero; 0-2, min.61: Piquero; 1-2, min.68: Fernando; 1-3, min.71: Fran; 1-4, min.88: Isma Leis.
O Pindo segue na súa traxectoria ascendente e nesta xornada desfíxose con facilidade do Cabana que tras o 1-2, viu como rapidamente o Pindo marcaba o terceiro para abortar calquera intento de remontada. Atl. Pereiriña-Ponteceso B (1-2) - ATL. PEREIRIÑA: Simón, Damián, Toniño, José (Serxio min.30), Xavi, Cobas, Javi (Álvaro, min.75), Álex, Villar, Grille (Víctor min.46) e Miguel Poyo.
- PONTECESO B: Brais, Marcos Mato (Adrián Rama, min75), Mario, Luís, Coke, Miguel, David, Pablo, Isaac, Juanjo (Rama, min.80) e Porteiro.
- Goles: 1-0, min.15: Miguel Poyo; 1-1, min.43: Isaac; 1-2, min.75: Porteiro.
Encontro no que o Ponteceso tivo as mellores e poucas ocasións de gol do encontro. A parte positiva para os locais foi que o seu dianteiro e máximo goleador da categoría se reencontrou co gol. Mazaricos-Corcoesto (1-1) - MAZARICOS: Manuel, Ventura, Chico, Primo, Casais (Álvaro min.75), Pablo, Coxo, Estéfano, Óscar (Martín II, min.55), Kevin (Esteban Pereiro, min.60) e Ernesto.
- CORCOESTO: Siro, Rodri, Edelmiro, Germán, Suso, Carlos Longo, Javi, Pichón, Adrián (Luís, min.60), Roberto e Cabana.
- Goles: 1-0, min.5: Estéfano; 1-1, min.85: Cabana.
O Mazaricos dominou de principio a fin e deixou escapar dous puntos ben merecidos. Cando se perdoan os goles, basta cun pequeno erro entre defensa e porteiro para que marque o equipo rival. Tiveron múltiples ocasións os de Mazaricos nas botas de Ernesto, Pablo, Martin, … tamén un penalti clarísimo non pitado polo colexiado a Estéfano na primeira metade. O gol chegou despois dun centro de Ernesto raso ao primeiro pao no que remata Estéfano cun gran toque adiantándose ao porteiro e o central do Corcoesto, na mentres o Corcoesto tivo tres chegadas non moi claras, e nunha delas, unha falta de entendemento entre o central Chico e o meta Manuel, permitiulle ao dianteiro Cabana marcar mediada a segunda metade. Os locais nos últimos minutos volcáronse na área rival, pero non conseguiron o gol da vitoria. Mala racha do Mazaricos que conta cun equipo novo que intenta facer un bo fútbol, pero que é moi difícil de levar a cabo na 3ª Autonómical e se lle engadimos a mala sorte é moi difícil que aspiren a estar aí arriba. Eso sí, que ningún rival se relaxe, xa que é un equipo con moita garra. Novas relacionadas Calendarios e resultados 1ª Autonómica | 2ª Autonómica | 3ª Autonómica | Xuvenís Gr.3 | Xuvenís Gr4 | Cadetes | Veteranos Clasificacións 1ª Autonómica | 2ª Autonómica | 3ª Autonómica |Xuvenís Gr.3 | Xuvenís Gr.4 | Cadetes | Veteranos Goleadores Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Colaboran Francisco Javier Cerbán, Pablo Mouro, Eduardo Rama e Isma.
- Fotografías do Muxía-Esteirana de Luís Alberto Sambad, do Cerqueda-Lira de Raquel Bello
|