|
Unha interesante charla desenvolveuse o pasado 3 de novembro en Dumbría. O Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, José Manuel Fernández Iglesias, falaba da TDT, un servizo gratuito e necesario para a bisbarra. Moita información fai falta nunha zona onde a calidade da televisión analóxica é terrible, e un día vemos 6 cadenas e ao seguinte vemos só 2. Hai pouco repasabamos co noso especialista Mario Rodríguez Gómez, quen leva anos loitando por unha televisión digna para a Costa da Morte, e lembra as nosas carencias tecnolóxicas pero que mira con esperanza o futuro dixital. Aí hai exemplos, como o Zas Dixital, proxecto que está ne marcha e que en breve se instalará. A conferencia Unhas 25 persoas escoitaron e debatiron as claves do proceso de transición, que finalizará o 3 de abril de 2010 co cesamento total das emisións en analóxico. Fernández Iglesias deu datos sobre o apagón na Costa: - A data de apagado é a do primeiro semestre de 2009, e afecta a 357.673 habitantes entre a Costa da Morte e o Proxecto de Transición Santiago, aínda que tamén poden entrar parte de Concellos da Provincia de Pontevedra.
- Está previsto que en decembro de 2008 concellos como Zas, Dumbría, Carnota, Cee, Muxía e Camariñas, xa podan contar con TDT no nivel de canles Autonómicas, que en moitos xa se ven dende o 2005. Nas zonas nas que se van instalando Emisores e Microemisores, xa disporán da TDT.
Sobre a instalación da antena de TDT, só os edificios con instalación colectiva precisarán, como mínimo, da adaptación dos equipos de cabeceira de televisión engadindo amplificadores das canles dixitais. No caso do Rural ou núcleos dispersos e de difícil acceso a TDT, existe un plan extraordinario de actuación para levar o sinal Dixital a traves de Satelite a unhas 20.000 persoas, traballando para que cando chegue o apagón analóxico os contidos sexan os mesmos Charla en Muxía Tamén nos informou o Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, José Manuel Fernández Iglesias, que o día 9 de decembro de 2008, no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, teremos unha Presentación da TDT a nivel Comarcal, presentado o que será o Apagón Analóxico. A todo isto, se queren que a TDT funcione correctamente e que as tecnoloxías estean a altura do que nos merecemos tecnoloxicamente falando, pasen e rubriquen pola colleita de firmas que artella Mario Rodríguez Gómez pola rede: Nota de prensa do PSdG-PSOE O pasado día 3 de novembro, tivo lugar unha Conferencia no Centro Cultural de Dumbría, sobre a implantación da TDT (televisión dixital terrestre) na Costa da Morte. A Conferencia correu a cargo do Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, José Manuel Fernández Iglesias, coa presencia de importantes persoas que están a loitar para que a TDT chegué o antes posible aos nosos fogares, entre elas a Parlamentaria Socialista, Marisol Soneira e unha representación da RTVE en Galicia. Parte das nocións informativas que tivo foi a de explicar e dar a coñecer aspectos técnicos que fan que nos vindeiros meses, todos os que vivimos na Costa da Morte disfrutemos dunha Televisión con calidade. A Televisión Dixital Terrestre (TDT) é unha nova tecnoloxía para difundir sinais de televisión que proximamente substituirá por completo á televisión analóxica convencional. Polo que, nos próximos meses desenvolverase o plan de transición (programado e que non da cabida á improvisación) progresivo cara á tecnoloxía dixital que culminará o 3 de abril de 2010 co cesamento das emisións en analóxico. Garantindo que ninguén pode quedar sen sinal Dixital. A TDT substituirá á televisión convencional analóxica e, do mesmo xeito que esta, é totalmente gratuíta para o telespectador. Todos os contidos actuais emítense en aberto, non se necesita cota de inscrición ou pago algún, polo que os nosos veciños deberán estar atentos a esta información: A TDT é Gratuita. A Televisión Dixital Terrestre recibirase nos nosos fogares a través da instalación de antena de televisión convencional, xa sexa individual ou colectiva, para o que, nalgúns casos, pode resultar necesaria unha pequena adaptación destas instalacións. - En edificios con instalación de antena individual:
En principio non será necesaria unha adaptación específica a non ser que a instalación requira substituír ou renovar parte da instalación. - En edificios con instalación colectiva
Será necesario, como mínimo, a adaptación dos equipos de cabeceira de televisión engadindo amplificadores das canles dixitais. Tamén deberá terse en conta a antigüidade da vivenda e o estado de conservación da instalación xa que, aínda que a instalación funcione correctamente para a visualización da Televisión analóxica, debe comprobarse que tamén é válida para a TDT. O Plan Nacional de Transición á Televisión Dixital Terrestre establece un marco básico de actuación para un cesamento ordenado e coordinado das emisións de televisión con tecnoloxía analóxica que garanta o tránsito pleno á TDT antes do 3 de abril de 2010. O plan establece 73 áreas técnicas que engloban a 90 proxectos de transición que, en conxunto, abarcan a totalidade do territorio do Estado. Calendario O Plan Nacional de Transición á TDT determina a data límite na que debe levar a cabo o cesamento das emisións con tecnoloxía analóxica para cada área técnica e proxecto técnico de transición definidos. En concreto, o calendario dos proxectos técnicos se ha efectuando establecendo tres grupos do seguinte xeito: - Primeiro grupo (A): aqueles proxectos técnicos que teñan unha poboación inferior aos 500.000 habitantes, que contan cunha alta porcentaxe de cobertura en TDT.
- Segundo grupo (B): aqueles proxectos técnicos cunha poboación intermedia (entre 500.000 e 700.000 habitantes).
- Terceiro grupo (C): aqueles proxectos técnicos con poboación moi elevada (máis de 700.000 habitantes) e/ou que necesitan da instalación dun número importante de centros para alcanzar unha cobertura similar á analóxica.
No caso do Rural ou núcleos dispersos e de difícil acceso a TDT, existe un plan extraordinario de actuación para levar o sinal Dixital a traves de Satelite a unhas 20.000 persoas, traballando para que cando chegue o apagón analóxico os contidos sexan os mesmos. Este ano se completará a instalación en Galicia de 51 novos centros emisores, que garanten unha cobertura total do 93% para as canles autonómicas, 89% canles estatais e o 83% das privadas. Para levar a bo fin estes plans, a empresa pùblica de telecomunicacións, coordinará unha inversion estimada en 30 millons de Euros, que se repartira entre Goberno Central e mais a Xunta de Galicia. Bo sinal Ademáis de ofertar imaxes de moita mellor calidades, a TDT permitirá a recepción dos servizos Multimedia, como tamén a converxencia entre o Ordenador Persoal e o Televisor. Un sinal sen interferencias e con multitude de formatos e accesible sen ter que dispor de conexión fixas, tan so cunha pequena antena portatil. Apagón analóxico A data de apagado é a do primeiro semestre de 2009, e afecta a 357.673 habitantes entre a Costa da Morte e o Proxecto de Transición Santiago, aínda que tamén poden entrar parte de Concellos da Provincia de Pontevedra. Está previsto que en Decembro de 2008 concellos como Zas, Dumbría, Carnota, Cee, Muxía e Camariñas, xa podan contar con TDT no nivel de canles Autonómicas. Nas zonas nas que se van instalando Emisores e Microemisores, xa disporán da TDT. Tamén nos informou o Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, José Manuel Fernández Iglesias, que o día 9 de Decembro de 2008, no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, teremos unha Presentación da TDT a nivel Comarcal, presentado o que será o Apagón Analóxico. Novas relacionadas Fonte
|