|
A talasoterapia comeza a soar na bisbarra. Se o alcalde de Cee pensa presentar un proxecto para Caneliñas, que asmosaremos mañá, un grupo duns 20 empresarios de Malpica, Carballo e A Coruña están a argallar un proxecto alternativo á piscifactoría de Seiruga, en Malpica, pero 10 veces máis pequeno. Aproveitando os produtos autóctonos da zona, a ensenada de Beo serviría para acoller un balneario, proxecto que aínda é tan só unha idea pero que xa está bastante traballada, e que conta co principal problema das licencias. Curioso é ver como para unha piscifactoría mesmo se modifican os mapas da Rede Natura, e para un proxecto coma este as restricións, por estarmos falando de solo protexido, son dificilmente salvables. O grupo de empresarios están agardando para comezar co anteproxecto e cos permisos, por dúas circunstancias: que se aproben os fondos do Grupo de Acción Costeira para ver se estes poden subvencionar unha parte do proxecto; e se finalmente se leva a cabo o Plan Acuícola. Xa contan cun pequeno estudio de viabilidade que apunta que en 5 anos o complexo xa podería comezar a dar beneficios. En total falamos dunha inversión total duns 6 millóns de euros, nunha superficie aproximada de 20.000 metros cadrados, algo menos que os 200.000 que cubriría a piscifactoría. Ubicación A zona de Beo é unha das zonas onde as augas son máis limpas, probablemente de todo o estado. Non hai ningunha factoría arredor e as súas augas serían ideais polas súas propiedades reumáticas. Os empresarios viron esta zona idónea para o proxecto, xa que ten boas comunicación, estando máis ou menos nunha zona céntrica da turística Costa da Morte, alén da boa calidade das augas. Así e todo, se as adminstracións non dan o visto bo, o proxecto irá cara outro recuncho. Prezos dos terreos A compra de terreos sería moito máis razonable que o prantexa a Consellería de Pesca contemplado no Plan Acuícola, que fala de 3 euros o metro cadrado. Ademais, parte do empresariado xa conta con terreos na zona. Prazas e postos Os beneficios para a zona non irían tan só enfocados aos postos de traballo creados directamente senón tamén polo foco turístico que suporía. O complexo contaría con 15 prazas hoteleiras, enfocadas a aquelas persoas que necesiten tratamentos de longa e media duración. No tocante aos postos de traballo, serían uns 10 ou 12 directos, e outros 10 ou 12 indirectos (aquí as cifras son reais) entre mantemento, médicos, administrativos, hosteleiros, e fisoterapeutas nas piscinas. Produtos e propiedades A principal baza é a de aproveitar os produtos autóctonos da zona para os diferentes tratamentos, como son a auga, a area, e tamén o barro de Buño e as algas. - As augas servirían para ofrecer piscinas de talasoterapia, fundamentais polas súas propiedades antireumáticas. I é que xa o din os vellos: "vou tomar o baño na auga da ría"
- Aprovetaríanse as propiedades arcillosas do barro de Buño polas súas propiedades terapéuticas, e serviría así para promocionalo. Problemas na pel como a soriasis poderían tratados.
- Os problemas dos osos relacionados coas artrosis e artritis, por exemplo, serían tratados con area, sempre ben peneirada, a base de quentadores técnicos, un tratamento fabuloso.
- As algas tamén se aproveitarían para tratamentos faciais, unha boa saída para este produto que pouco a pouco vai collendo unha relevancia importante no mercado;
- Pero ademais a o balneario ofrecería tratamento de acupuntura, para o que xa hai un especialista dos mellores do país, interesado no proxecto.
Nas imaxes vemos a zona do porto de Beo e as praias de Encidre, xunto na zona onde iría o complexo. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|