|
Semella que a talasoterapia ponse de moda na Costa, e os empresarios da zona estana ver como unha posible saída económica. Se onte iamos ata Malpica, a coñecer a intención dun grupo de empresarios da provincia para instaurar un centro balneario en Seiruga, alternativo á piscifactoría aprobada no Plan Acuícola, hoxe repasamos o que nos contaba onte o alcalde de Cee Ramón Vigo. Vigo recupera así un proxecto antigo, que non queda nun simple balneario en Caneliñas, senón que o pretende levar á Comisión do PXOM (un PXOM que tardará polo menos 5 anos máis) xunto aos proxectos do minicoliseo uo multiusos na Sicar, e o do campo de golf e a urbanización na Armada. Sobre estes últimos , Vigo asegurara que se non contaban co apoio de toda a corporación municipal, non o levaría a cabo. O que si asume Vigo é que a última palabra está en mans de Medio Ambiente e Urbanismo, tendo primeiro que pasar polos "filtros municipais e de sostibilidade" contando con que as obras ían "sempre da man co repecto ao entorno". Alternativas ao turismo rural Para Vigo o proxecto do balneario e a talasoterapia será unha boa alternativa ao turismo rural. Vigo insta ao organismo xestor do Consorcio de Turismo, quye polo de agora ten pouco que organizar dadas as poucas prazas hoteleiras da bisbarra, a que se involucre no asunto. Trátase, ao igual que o de Seiruga, dun proxecto ambicioso, enfocado cara o ocio e o descanso. Hotel e escola de vela Vigo pretende instalar, alén do centro propiamente dito, unha ristra de bungalows onde se hospedarán os usuarios do balneario. Ademais está contemplado o aproveitamentamento da preciosa ensenada de Caneliñas para crear unha escola de vela. Unha escola para que xa había un proxecto da Xunta, segundo informou Vigo, que tamén incluía a contrución paralela da urbanización de chalets. O que parece descartado, por desgracia, é a recuperación da zona para dominio público. Novas relacionadas Vígo ameaza coa dimisión e o PSOE posiciónase pola restauración e rexeita a privatización do pavillón ademais da creación do coliseo. Fonte
|