Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Escaso prezo  Correo-e
viernes, 14 de noviembre do 2008

Resulta que nestes días se coñecían dúas sentencias que me motivan a pensar que ás veces matar resulta demasiado “barato”. Falo do caso dos mozos acusados de asasinar queimando viva a unha indixente en Zaragoza e do non menos sangrante caso dos presuntos independentistas acusados de colocar unha bomba en plena rúa en Compostela fronte a sede central de Caixa Galicia.

E digo “barato” porque, máis que polos anos de condena, dezasete para cada un dos dous acusados da morte da indixente, me parece escaso o feito de poñer un prezo a morte como tal dalguén de xeito anónimo e sanguinario. Dezasete anos de prisión en este país se converten con boas condutas e demais en doce só cun pouco de boa vontade do reo e uns poucos manexos legais. Dez anos de prisión, outros dous de terceiro grao con saídas de fin de semana e outro mais compensado pola prisión preventiva, cando un se da conta xa esta na rúa o asasino. E a min, neste caso aló menos me parece pouco, que queren que lle diga.

Nin falamos dun accidente, nin da influencia das drogas ou o alcohol, nin sequera falamos dun caso de mala sorte, un erro ou unha decisión mal tomada. Non. Falamos de entrar nun caixeiro en plena noite cargando cunha garrafa de liquido inflamable, rociar a unha persoa e despois prenderlle lume ¿que demo pensaban que ia pasar, que era ignífuga, que non ia arder?. Barato, moi barato.

Rozando a vergoña está o seguinte dos casos, o dos famosos “independentistas” nacionalistas que un bo día decidiron que sería boa idea colocar en plena rúa, ó pé da sede central en Santiago de Caixa Galicia, un artefacto explosivo. Deixando a un lado os millóns de euros de destrozos, non só no edificio atacado senón nos adxacentes da mesma rúa, deixando a parte que o xuíz rebaixou a petición dun delito de grandes destrozos por outro de danos, neste caso me move o descoñecemento do sentido común que se estila por aquí. Cando a un condutor o multan por conducir a trescentos por hora en autopista cando nin bateu contra ninguén no momento da multa nin o fixo antes, ¿sobre que base se sanciona a ese señor penalmente?. Non falo da sanción administrativa, falo da de cárcere ¿que se xulga?. Basicamente o que se cuestiona é o dano que se podería ter producido en caso de accidente, seguramente de morte e de causa penal claro pero... ¿e no caso do que falamos?.

O artefacto estourou as tres da tarde, sen veciños na rúa e nun dia de pouca afluencia a Compostela, por iso non falamos de feridos nin de mortos pero, ¿podería habelos?. Eu penso que si, dado o grave dos danos producidos. Polo tanto ¿é suficiente condenar por danos a estas dúas persoas?. ¿e suficiente que cumpriran escasamente un par de anos de prisión provisional a espera de xuízo firme e que en base a isto xa estean na rúa?... Que cada se conteste, eu xa o fixen...

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com