Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Porto de Suso: A rapeta  Correo-e
sábado, 15 de noviembre do 2008

Image

Con 25 grados centígrados de temperatura, o millor que se pode facer en novembro en Corme, e, coller a toalla e ir pra Furna do Osmo. Imaxinádevos que estades dentro, estirados na area a sombra da propia Furna. O que vedes, é xusto o que está na foto. Oíse de cando en ves, un fiíño de mar estirándose contra a area mollada, alí enbaixo. Da calor que había, fixen unha cova na area, pra buscar a máis fresca uns centímetros por baixo da que quentara o sol.

Tamén se oi o monótono canto de unha Paia que fai o niño nunha das coviñas feitas po-la erosión do vento catro metros por riba da area na parede da esquerda. O lonxe, moi o lonxe oíse o can de Tupa bruar. Lonxe moi o lonxe vai quedando todo canto se ve e se oi.

Son as tres da tarde, e hoxe estou cansado. Os párpados vanme caendo a pesar de que non quero dormir. Trouxen un libro pra clarexar un pouco a cabeza de todos os pensamentos que tamén fixeron niño dentro de min, coma cucos que votan fora as boas ideas, as miñas ideas, pra instalar as que non son miñas, pra que eu na miña cegueira, as alimente hasta que un día consigan devorarme. O libro é “Las Olas” de Virginia Wolf. Decididamente volvo a cerralo. Agora mesmo este libro é un cuco pra min. Cerrásenme os párpados. Estou eu só na Furna, e en Corme, e no mundo. Xa durmo.

Pouco a pouco empezo a oír un ronroneo que me é moi familiar. Vaise facendo máis audible, ata o punto que distingo que é o motor AYON da motora Rosa Mari. De repente oio un berro -¡Vamunuuuuus!. É o berro de José de Caravel. ¡Vamunuuuuuus! ¡Con la maletita! ¡Ti as d´ir oh! ¡no novo!. Todo esto que pra calquera parece un sinsentido, ten tanto sentido coma a rotación da terra.

O de “vamunus con la maletita”, foi unha frase que decían dous paiasos do Circo que estuvo en Corme no ano 1974, e que eran moi pegadizas. O de “ti as de ir no novo”, tamén se decía en Corme, pra definir a unha persona que non valía moito, pero con retranca, porque se trataba de decir que o ser tan bo, ibas embarcar no barco novo que estaba a construír a compañía naviera.

Estas frases sempre as ten na boca José de Caravel. Fondeou a Rosa Mari, e montou na chalana con Manoliño de Birloto e Rafael do Casino. Os remos iba Rafael, e botaron en terra a Manolo, de mal nombre Callanca. Manolo quedou aguantando o chicote en terra mentras os da chalana iban describindo un arco no mar largando a rapeta pra coller bolos ou lanzons, uns peixes alongados que se utilizan como cebo pra pescar Badexos nos cabezos.

A rapeta é un arte que consiste nunha bolsa grande de rede que ven arrastrándose polo mar cara a terra, atraída pola forza dos brazos das personas que están nos extremos da plaia e mediante uns cabos ou chicotes van tirando desa rede e vanse acercando uns os outros pra ir cerrando ese saco, e así cando chega a terra o peixe que estaba entre a rede e terra non ten escapatoria e metese de cheo na boca do aparello.

En todo momento, Caravel non paraba de berrar ¡Vamunuuuuus!, mentras tiraba cos recios brazos apretando as pernas contra a area pra facer mais forza. Tiña os pantalos de Tergal remangados hasta as rodillas, a boina tirada contra tras da cabeza, e o pitillo apagado antr-os labios. Rafael, fáltalle unha perna e encargase el de ir os remos pra ver se entra o peixe e mais pra apurralo contra a rede. Manoliño non fuma, pero vai moi ben peinado, con gomina. Cando chega a terra a rapeta, e vacian o saco, miles de peixes empezan a saltar naarea mollada. Hai salmonetes, bolos, escorpións, algunha xiba, reos, rebalizas, muxos, pulpos. Levántome da Furna cando oio a Caravel berrar mais alto e forte ca nunca:

- ¡Vamuunuuuuus!

Frego os ollos e destapo os oídos, o ruído que fai o peixe o saltar e mais forte aínda ca os berros de Caravel. Miro pra tras e ...vexome deitado na Furna. Estou eu mismo deitado na sombra da Furna, e estou durmindo. Xusto nese momento en que me vexo a min mismo...desperto. Todo foi un soño. Levántome, vou cara a plaia en donde soñei que estaban a rapeta, e ríome do recordo. Teño que marchar porque xa son as seis, dormin tres horas. Collo a toalla, vístome e empezo a andar cara a miña casa. Vou andando po-la area. ¿Que é eso que estou vendo? Acercome un pouco mais, e distingo na area a un metro do mar, un bolo. Está vivo. ¡Non pode ser! O de antes foi soñado, pero este bolo é moi real. Collo-o na man, e tiro-o ao mar. Da un coletazo, e alonxase nadando. Voume, pensativo pra miña casa, e de repente oíse un berro.

- ¡Vamunuuuuuuuus!

Novas relacionadas

Máis información

Columnas anteriores

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com