sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O teatro da Raigañas ironizou coa loita de xéneros en Buxantes  Correo-e
martes, 18 de noviembre do 2008

Image

Este pasado domingo 16 de novembro de 2008, Buxantes e Cerqueda unían os seus sentidos. O grupo de teatro da Asociación Cultural Raigañas da vila malpicá actuaba na parroquia dumbriesa para representar dúas obras de teatro enmarcada no proxecto chamado Homes e dentro do programa do Novembro de Teatro dumbriés.

As dúas obras son comedias que mostran as diferencias entre os ambos sexos, tratando con humor e cun guiño cara a violencia de xénero.

Unha das obras narra a vida de 5 mulleres que comentan as súas vivencias co xénero contrario, poñendo en ridículo todas as manías do macho galego.

A segunda conta con 4 mulleres coma protagonistas, ademais dun home, no que se parodia a típica estampa matrimonial, onde a muller se queixa do abandono sexual que sofre por parte do home.

EstreaImage

Resulta que a actuación foi moi especial para as de cerqueda, xa que se trataba da estrea da obra. O público dumbriés respondeu como poido, habería como unhas 50 persoas no teleclube e, a pesar dos nervios das artistas, todo o mundo quedou encantado coas obras.

Raigañas e na casa

Cerqueda vivirá o vindeiro día 27 de decembro unha xornada moi especial. Ambas obras serán presentadas na casa. Todo un envento para a parroqui malpicá.

Máis teatro en Dumbría

O Novembro de Teatro continuará en Olveira e Berdeogas os días 23 e 30, con Talía Teatro e o xa mítico ''E ti quen vés sendo?''; e o seu ''Menos Lobos'', respectivamente.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información ofrecida por Mar Suárez, da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com