Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Terra de miserables  Correo-e
viernes, 21 de noviembre do 2008

Resulta que o Concello de Coristanco vén de negarse en pleno celebrado a pasada semana a que unha petición de comunicación por autoestrada entre Berdoias e Bertamirans feita no seu día pola FECOM, e secundada entre outros polo concello de Negreira en pleno, siga adiante. A negativa terá unhas razóns que eu descoñezo pero o único que demostra son dúas cousas. A primeira, que Coristanco, como mantemos moitos dende hai anos non pertence a Costa da Morte e a segunda que os plenos municipais da nosa comunidade autónoma están cheos de ineptos e incapaces. Me explico.

Si a argumentación do pleno de Coristanco, que terá un xentilicio pero eu o ignoro, decidiu negar unha vía de comunicación primordial e indispensable para os que vivimos aquí abaixo por beneficio propio, esa decisión demostra tal grao de mezquindade e papanatismo que perde a razón por ela mesma. Unha vía así é básica para un desenrolo serio e de futuro da nosa comarca e si lle parece mal a Coristanco, a min alo menos me importa un pemento.

Si a negativa chega porque se considera negativamente o proxecto en si, iso demostra unha incapacidade e un grao tal de ineptitude que o que deberían facer as autoridades superiores pasaría, penso eu, pola suspensión do pleno ipso facto, non vaian facerse dano ou danar a alguén, visto que se trata dun perigo claro para os seus administrados e para eles mesmos. Non se pode ser tan corto de miras e retrogrado como este grupo de personaxes, ignorantes sen dubida dos mínimos rudimentos da conservación da poboación e o desenvolvemento de estratexias publicas de axuda a esa poboación.

Tamén pode ser, non o descarto, que se trate dun “favor a terceiros”. En caso tal eu solicitaría que se procedese a denunciar diante da fiscalía a estes individuos, dado que si non están corruptos na actualidade e mais que probable que o estarán a bo seguro nun futuro cercano.

Pasa ademais que o asunto non foi despachado negativamente por unha maioría insensible dun dos dous partidos principais, no, e que resulta que foron PP e PSOE as duas forzas que rexeitaron a proposta. Chegados a este punto un pasa directamente a considerar que xa sabe quen son os pagadores anónimos desta decisión.

Pero si o partido no goberno e o actualmente na oposición non queren conectar a comarca con Compostela so teñen que dicilo. Estaría ben, por exemplo, que a deputada da Costa da Morte do partido no goberno anunciase en rolda de prensa que o seu partido, non digo a ela, lle importa un comiño a bisbarra e que prefiren gastar os cartos noutros lugares, viveiros de votos, mais “produtivos” para os seus intereses.

Polo menos non tería que poñer os concelleiros de Coristanco de testaferros negándose a unha evidencia e quedando de parvos para calquera con dous dedos de fronte.

E si, estou moi enfadado. Tanta tontería as veces farta a calquera.

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com