|

Esa foi a cuestión que máis se prantexaron os especialistas de todo o mundo que participaron no debate sobre turismo e sostibilidade levado a cabo esta fin de semana. Laxe acollía unha nova xornada das Aulas na Costa da Morte, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela na que tamén se incidíu na mítica frase do "actua localmente e pensa globalmente". Así, co profesor estadounidense David Stea e o presidente do Seminario de Estudos Comarcais, Xosé María Lema Suárez (á deireita), entre outros, deuse un bo repaso á sostibilidade da Costa da Morte. Unha das cousas que máis sorprenden a estes especialista é a pouca valoración que temos do noso patrimonio natural, o noso meirande tesouro. Ata que non nos decatemos disto, non seremos capaces de sacarnos partido como bisbarra. Como é posible que non valoremos e que non potenciemos zonas como os Penedos de Traba e Pasarela, as Torres do Allo ou os Batáns do Mosquetín? preguntábanse. Os especialistas destacaron a calidade en materia natural da nosa bisbarra, pero lembraron da necesidade dun plan turístico integral para non estancar e poder desestacionalizar o turismo, que corre perigo de morrer da desidia. Xa basta de tanto libritos sen ISBN sobre os restaurantes da zona, e realicemos un estudio serio das necesidades para empregar os cartos en algo que realmente revirta na nosa economía. Ecoturismo? Un concepto demasiado amplo e que carece de sentido, para o profesor Stea, que sinala que case ningunha das empresas que se aplican o calificativo cumpren coas mínimas características de sostibilidade. Vindeiras xornadas en Muxía O 29 novembro 2008, o Salón de Actos do Voluntariado de Muxía (A Coruña) acolle unhas novas xornadas baixo o título "A sostibilidade e o desenvolvemento sociocultural da Costa da Morte". Novas relacionadas Fonte
|