Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Responsabilidade  Correo-e
viernes, 28 de noviembre do 2008

Para os máis interesados, notarían vostedes que a pasada semana este espazo chegou con algo de retraso. O motivo non foi, a pesares de que non sería nada estraño coñecéndome, un retraso no envío deste espazo, senón a lóxica preocupación dos meus editores polas consecuencias que o contido de aquela columna en concreto podería ter. Unhas consecuencias que lles preocupaban, loxicamente, porque se trata de sente seria e responsable, algo que as veces eu esquezo. Pero me abre a debater algo que eu tamén considero crucial cando de dar voz a terceiras persoas se trata e que se fundamenta precisamente no grao de responsabilidade de cada un.

Resulta claro e nítido que en ocasións según que temas me producen tanto asco, vergoña allea ou inquina que me “desmadro” de xeito incontrolado, ou escasamente meditado. Fuxo do insulto sinxelo, das verbas subidas, son tal vez mais florido e coidadoso nalgúns calificativos, pero que non se pense que cando considero que tal ou cual gobernante e un incapaz ou un inútil estou tratando de falar, nin por asomo, desa persoa en concreto. Para nada.

Un alcalde é para min un cargo, alguén elixido durante un tempo para un propósito polos seus pares e que deixa de ser alcalde o mesmo día que non resulta elixida outra persoa ou na data da súa renuncia. E punto. Outro xeito de pensar non vai coa miña maneira de entender a democracia e os seus cargos electos. De feito, a miña admiración por certa persoa que no seu día ocupou este cargo en Cee non hai tanto é tan grande como o meu rexeitamento o seu modo de gobernar cando foi rexedor.

Outra cousa son, baixo o meu criterio, calificativos irreproducibles e si utilizados a diario do modo despectivo tanto na nosa comarca coma noutros lugares para falar de colectivos como o dos discapacitados ou de persoas de etnias distintas a maioritaria Palabras como “subnormal”, “bobo”, “tonto” e outras de outro porte aínda maior están na boca de todos. Nunca estarán nestas liñas despois deste exemplo. Construcións como “xitano” ou “moro de merda” non so non as escribo senón que nin as cito nin as admito na miña presenza.

E ven o da responsabilidade polo lado do seguinte. ¿Que é peor, informar de xeito torticeiro e equivocado a sabendas, protexendo intereses espurios ou afirmar con grosas palabras que iso esta mal?, ¿que lles parece maior delito moral, faltar o ríspeto da intelixencia dos administrados cobrándolle a un tempo impostos con total impunidade ou afirmar de xeito claro que iso resulta vergoñento?. ¿Que resulta mais sangrante, utilizar tres ou catro calificativos para describir a un grupo de persoas que toman unha decisión moi negativa para unha maioría, ou tomar esa decisión sen ter que explicarlle a ninguén os verdadeiros motivos dela?

Eu son dos que pensa que o mais importante é ter criterio propio, fundamentalo sobre feitos e razoamentos propios, e defendelo diante de aqueles que pensan o contrario ou cambiar de opinión si esas opinións contrarias se demostran certas. E facer esto de xeito vehemente e non so irreprochable senón hasta san.

E por suposto, o que aquí escribo é a miña opinión, non ten porque ser a dos meus editores, que do único que son culpables e de ter ideas propias, paciencia e gañas de traballar. Quen pense po contrario se equivoca. Eu firmo os meus comentarios porque son a miña opinión e non teño medo a expresala. Tratase dun país libre ¿no?

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com