Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O lobo come boletus  Correo-e
sábado, 29 de noviembre do 2008

Image

Hoxe queremos ir canda unha das asociacións máis singulares da Costa. A Asociación micolóxica-naturista Pan de Raposo vén de sacar un novo número do seu Boletín, esa pequena revista mensual de referencia en toda galicia. A calidade dos seus artigos, feitos por verdadeiros especialistas a nivel estatal no mundo dos cogumelos, como José M. Marcote, que en breve colaborará con este diario cun artigo cada semana.

Deste Boletín de outubro de 2008 queremos destacar a visión dun nososo colaboradores, Francisco Santiago López, que nos conta un momento que lle quedou grabado na súa cabeza. Xa tedes visto, e se non non o perdades, algún dos momentos nos que Paco "cazou" (coa súa cámara) ao cánido polos montes da Costa da Morte. Aquí temos algún dos seus vídeos.

Sen máis, deixámosvos este fermoso texto de Paco:

Unha presenza temidaImage

Sábado 6 de setembro de 2003: xa na ladeira e agazapado na posta, ó pouco intre decateime de que a miña esquerda e a uns 15 ou 20 metros como máximo, no medio da néboa, atopábase unha loba sentada mirando ladeira abaixo . Despois ergueuse e baixou uns metros pola ladeira ata perderse nunha mata de toxos. Eu púxenme en crequenas para intentar divisar á loba por riba da mata, e de súpeto a loba saíu cara a min sen decatarse de que eu estaba a tan só uns metros. Deseguida viome, dou media volta e ao trote afastouse uns metros. Despois volveo parar, míroume de novo, e pérdeuse na néboa.

(fragmento de cadernos de monte de Francisco Santiago López).

Este breve pero intenso intre repítese cada vez con menos frecuencia nos montes da Costa da Morte onde apenas un puñado de lobos resisten o castigo implacable do noso modus vivendi.

Perseguido ata case a extinción o lobo ibérico (Canis lupus signatus) agóchase aínda nos montes máis occidentais de Europa. Pouco se fai por axudar a manter a especie. Tan sólo uns recontos de exemplares nos últimos tempos e o único plan de xestión do lobo en Galiza que existiú dende que a especie deixou de considerarse unha alimaña alá polos anos setenta, grazas aos denodados esforzos de un médico odóntologo chamado Félix Rodriguez de la Fuente.

Como todos sabemos o inimigo público número un do lobo somos nós, os “homo sapiens”, aínda que por estes pagos poderíamos mudar “sapiens” por “Parvus” ou “Brutus”.

Aínda que é un xeneralista, o lobo é eminentemente carnívoro, por iso mantén una dieta rica en proteínas que fai que nos meses máis crudos do ano acuda a alimentarse con animáis domésticos (cabras, ovellas, cans), xa que no monte escasean o simplemente non existen xa animáis que antaño eran característicos da súa dieta (cervos, corzos, xabaríns…).

O cabalo galego que pasta en semiliberdade nos montes tamén supon un bó sustento para o cánido que non dubida e acometelos cando a fame apreta, sobre todo nos meses de marzo a xuño cando paren as eguas.

Por todo isto o lobo é perseguido de xeito clandestino. Un dos maiores problemas que na actualidade presenta esta loita é que nestes últimos anos estanse a detectar en Galiza cada vez máis episodios de envenamentos de cánidos, práctica que ademáis de ser cruel e despreciable significa un serio peligro para toda a cadea trófica representada polas distintas especies que habitan nos bosques e pradeiras de Galiza.

Plan de xestión do lobo Image

O plan de Xestión do lobo en Galiza foi causa de númerosas conversas e discusións entre governo, cazadores e ecoloxistas, nas que o primeiro baseándose nas opinións de uns e outros e por suposto en estudos científicos realizados por expertos biólogos na materia elaborou un procedemento con resultados aínda incertos. O plan é una novidade en Galiza, aceptando una poboación estimada de entre 600 e 650 lobos distribuidos en 68 ou 70 manadas.

Este Plan divide a nosa Comunidade Autónoma en tres grandes zonas, a saber:

  • Zona 1: Territorio de grande densidade de lobos ou onde os ataques ó gando doméstico son recurrentes. Nestas zonas poderán realizarse controis de poboación sempre que os danos sexan rigurosamente comprobados e baixo a supervisión de axentes da Consellería de Medio Ambiente, e non supoñan una ameaza para a conservación da especie.
  • Zona 2: Territorio de densidade media con ataques esporádicos de lobos o gando doméstico. Os danos tamén serán rigurosamente probados pero os controis serán máis restrinxidos que na anterior zona.
  • Zona 3: Territorio de baixa densidade de población lobuna onde os ataques apenas son significativos. Zona de protección sin realización de ningún tipo de control sobre a poboación.

AxudasImage

En canto as axudas por ataques de lobos o gando doméstico a administración comprométese a acometer as indemnizacións, intentando que o intervalo de tempo entre no que ten lugar o daño causado e o pago das cantidades a que ten dereito o damnificado sexa o máis breve posible.

Con todo esto hai que agardar a que esto funcione dun modo óptimo e para iso ten que pasar algún tempo.

O lobo é un elemento principal do patrimonio natural galego, xunto co oso, o cabalo ou as carballeiras, ríos e penedos por iso debémolo protexer, e intentar comprender o seu comportamento sin caer no erro de hominizar a súa deriva, porque o lobo non entende de odios, venganzas nin negocios. O lobo é un animal salvaxe é libre, acadando ese dereito por si mesmo, porque é un ser vivo fillo desta esfera solitaria que se chama Terra.

  • Francisco Santiago López.

Vídeos de Francisco Santiago López

Novas relacionadas

Fonte e máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com