Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Manuel Cousillas: "O que nos fai falla é unha boa vixiancia no porto"  Correo-e
lunes, 01 de diciembre do 2008

Foi a semana pasada unha semana dura para o patrón maior de Corme, Manuel Cousillas. Unha vila na que non é nada fácil tentar controlar os problemas de furtivismo, e onde a xente non anda con bromas. Que llo pregunten ao anterior patrón, Suso Lista, que recibira ameazas de morte alén de varias rodas pinchadas e algún que outro destrozo.

Cousillas falaba a semana pasada no programa da Radio Neria e Radio Roncudo "O Ronsel" (cada xoves de 22:00 a 0:00 e os sábados de 10:00 a 12:00), que dirixe Óscar Rey Calo, daba conta do por que da súa petición de dimisión e da súa volta. Falouse de moitas cousas, entre elas da posible nova lonxa comarcal, que tanto vai dar qeu falar.

Podedes escoitar a entrevista na web da Radio Roncudo, pero aquí imos repasando os feitos. Na imaxe vemos a Cousillas de azul.

Roubo na embarcaciónImage

A pasada Manuel ía á súa embarcación e non ía: "Ía ás nasas, e cando encedín o motor, non ía. abrín o motor e faltaba algo". Algo fallaba e Manuel foi ao mecánico. "Manuel, estás libre de pensar o que queiras pero a xente que che roubou sabían o que querían. Roubaron unha peza de 1.500 euros, quitaron a capota e a puxeron outra vez, sen desperfecto ningún. Traían unha boa ferramenta, e foron á peza máis cara". Así lle explicaba o mecánico os feitos.

"Hai alguén que non lle interesa que estea aí", reflexiona Cousillas.

Dimisión en quente

Nese momento, Cousillas, presentou a dimisión, aínda en quente. "Estaba bastante enfadado, onte colléronme enquente, porque despois do que eu estou facendo, non me explico isto". Con todo asegurou que "xa estou máis tranquilo, que eu só estou por salvar a confraría".

Petición dos mariñeiros

Ao día seguinte foi a Fisterra, "chamáronme da confraría e unhas 60 persoas pedironme que me quedara. Eu dicía que non, que estou aquí rompéndome a cabeza e non podía ser. Me dixeron que a xunta dimitiría en bloque, así que rectifiquei". Cousillas móstrase desencatado aínda, móstrase "decepcionado porque o único que fago é traballar pola confraría".

Vixiancia

O problema co furtivismo é de traca na zona. Cada día pódense ver como algún veciño (non é son senón que son moitos), e que todos coñecen, baixan aospercebes, ao ourizo ou ao que toque (máis ben ao que non toque) sen licencia (ou conlicencia pero en época de veda).

Cousillas reflexiona sobre a "mala situación da confraría: sen vixiancia, con débedas de portos, de avogados, de despidos..., sen papel na impresora como quen di", ironiza. "Esto viña de atrás, que os cartos doi Prestige foronse moi rápido", apunta.

Nova lonxa comarcal ou lonxa vella

Da lonxa comarcal tamén se falou. Esta semana a voceira do PP de Vimianzo solicitaba para este concello de interior a ubicación da lonxa comarcal. Cousillas reflexiona que non ten sentido unhanova lonxa, e xa llo dicía a delegada de Pesca, "sóbranvos as que tedes, e aínda queredes máis". Para conseguir que unha das lonxas existentes "terían que estar dacordo as confrarías, pero eso é moi complicado: todo vai a menos".

Industrias transformadoras e especialización

Sobre os fondos europeos do GAC, Cousillas ten claro para que terían que adicarse: "industrias que den postos de traballo. O bo sería montar unha industria de enlatado, de conservas de pates... ". Ademais asegurou que o mellor sería que cada lonxa se especializase nun produto. "Se nós temos percebe, por que nos metan unha industria para elo, se en Fisterra teñen longueirón, pois o mesmo. Que nos especialicemos e non compitamos".

Mellora e boa festa

Así e todo, sinala que a mellora na confraría é clara. "Melloramos gracias ás mariscadoras e a xente do percebe, que fixemos a festa do percebe e sacamos algo para ir tirando todo o ano".

Un dos puntos positivos da Festa do Percebe deste ano, i é que non foi unha empresa de fora a que levou as ganancias. "Primeiro non se pensaba en facela festa, pero convencimos á xente. Non foi a mellor, pero só tivemos mes e medio; para o ano, para ter mellor percebe, imos empezar a pensar na festa en marzo".

Melloras no porto

"Jacinto Parga, gusta de Corme e pensa en nós para a lonxa comarcal do percebe, asegurounos que está co tema do carro do varadoiro para mirar de arranxalo, xa que hai moitos barcos interesados en subir. Tamén nos dixo que vai facer un fondeadero, un canal".

Así e todo, para Cousillas "o que nos fai falla son unhas cámaras, unha vixiancia no porto, porque calquera cousa nos vale para roubar".

Cousillas refleciona para rematar a entrevista: "o que foi a confraría de Corme e o que é".

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com