Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Recuperando o patrimonio subacuático da Costa da Morte  Correo-e
martes, 02 de diciembre do 2008

Foi a semana pasada unha semana de achados históricos importantes na Costa da Morte. As augas de Fisterra foron investigadas por mergulladores de Patrimonio, que buscaban varios elemento de embarcacións fundidas a finais do séculos XVI fronte a costa de Fisterra. Concretamente o equipo de submarinistas dirixido polo arqueólogo Miguel San Claudio, atopou dúas rodas de canóns de dous barcos da flota de Martín Padilla.

Plan de Arqueoloxía Subacuática na CostaImage

Cultura promove este Plan para darlle un xiro á situación anterior de desleixo en relación con estes bens patrimoniais. Na Costa xa hai localizados 70 puntos de interese arqueolóxico, moitos dos cales poderían corresponder a pecios. En 11 casos xa se constatou a localización positiva de pecios, en tres ocasión correspondentes a embarcacións do século XVI, e nas outras a barcos do XIX ou XX e outros achados.

Flota de Martín Padilla

Destaca a localización dun buque que formaba parte dunha flota de 25 naves dirixida por Martín Padilla que se afundiu no inverno de 1596 debido a un temporal. O achado permitiu localizar grandes pezas de madeira pertencentes á estrutura do buque, dous canóns de ferro (un deles a primeira bombarda atopada en augas galegas), lingotes de chumbo, dúas rodas de artillería, elementos cerámicos e munición e un gran conglomerado de arcabuces. Destes elementos recuperáronse aqueles que corrían o risco de desaparecer.

Todos estes achados fican agora á espera de ser expostos no Museo do Mar de Vigo. Unha pena que non os poidamos disfrutar por aquí. Ante isto, o alcalde fisterrán, José Manuel Traba propón establecer unha delegación de dito museo na vila do Cristo.

Nota de prensa da Consellería de Cultura e Deporte

Cultura estudou 30 pecios dos máis de 90 puntos de interese arqueolóxico subacuático localizados en dous anosImage

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta das actuacións levadas a cabo polo seu departamento en materia de arqueoloxía subacuática. A Consellaría puxo en marcha en 2006 un Plan de Arqueoloxía Subacuática que se iniciou cun preinventario do patrimonio mergullado, e seguiu cunha serie de prospeccións xeofísicas e subacuáticas en diversos puntos da costa que deron como resultado a localización de máis de 90 puntos de interese arqueolóxico, e o estudo de máis de 30 deses puntos, identificados como pecios.

A elaboración dun inventario e un Plan de Arqueoloxía Subacuática xurdiu como resposta deste goberno á necesidade urxente de darlle un xiro á situación anterior de desleixo en relación con estes bens patrimoniais. O primeiro paso deuse no 2006 coa elaboración do preinventario, no que se concretou a existencia de 475 xacementos e lugares de interese arqueolóxico subacuático. Elaborouse unha ficha para cada un deles, baseada na recompilación documental e bibliográfica de datos de naufraxios de buques de interese histórico e achados de interese patrimonial, localizados en puntos espallados por toda a costa galega.

Este punto de partida serviu para realizar en dous anos 21 actuacións sobre os bens subacuáticos. A Consellaría de Cultura investiu 300.000 euros en 2007 e 2008 en labores de prospección xeofísica e subacuática, sondaxes, informes, extraccións, planimetrías, traslados e conservación.

Estas actuacións terán continuidade en anos vindeiros e desenvolveranse ao longo de toda a costa. Polo momento os traballos centráronse nalgunhas das áreas nas que a concentración de pecios é maior: a Costa da Morte, as Illas Atlánticas e a ría de Vigo, ademais dalgunhas actuacións na Mariña lucense. Os traballos, que continúan na actualidade, deron como resultado a localización mediante prospección xeofísica de máis de 90 puntos de potencial interese arqueolóxico, dos cales hai polo menos 30 xa identificados como pecios.

A Costa da MorteImage

Na Costa da Morte realizouse unha prospección xeofísica na área de Fisterra e Corcubión na que se localizaron 70 puntos de interese arqueolóxico, moitos dos cales poderían corresponder a pecios. En 11 casos xa se constatou a localización positiva de pecios, en tres ocasión correspondentes a embarcacións do século XVI, e nas outras a barcos do XIX ou XX e outros achados.

Destaca a localización dun buque que formaba parte dunha flota de 25 naves dirixida por Martín Padilla que se afundiu no inverno de 1596 debido a un temporal. O achado permitiu localizar grandes pezas de madeira pertencentes á estrutura do buque, dous canóns de ferro (un deles a primeira bombarda atopada en augas galegas), lingotes de chumbo, dúas rodas de artillería, elementos cerámicos e munición e un gran conglomerado de arcabuces. Destes elementos recuperáronse aqueles que corrían o risco de desaparecer.

Outros barcos que se localizaron son o galeón San Jerónimo, do cal se coñecía a existencia pero non a posición exacta, e do que se recuperaron para evitar a súa perda varias moedas e pezas de chumbo. Tamén se deu co vapor Great Liverpool, afundido en 1846. Ademais dos restos estruturais do barco atopáronse moedas, lámpadas, cubertos, pezas de porcelana, etc. Algúns destes bens xa se recuperaron e doutros estanse estudando as mellores condicións e criterios de conservación. Todos os achados son trasladados ao Museo do Mar para a súa recuperación.

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com