Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O pobo que quere trigo e non rodaballo  Correo-e
miércoles, 03 de diciembre do 2008

Image

O tractor non para de traballar. Máis de 20 hectáreas xa están preparadas para sementar, cuia fertilidade logo de anos sen estar cultivadas e tras ser arrasadas polo lume no 2006, promete suculentas colleitas. Todas estas parcelas estás situadas nos terreos que Pesca pretende ocupar coa ampliación da piscifactoría de Quilmas, ata 250.000 metros cuadrados entre a aldea e a costa.

A clave de todo o proxecto é o que implica: un conxunto de familias que teñen claro o seu modo de vida. Falamos dun pobo que quere vivir da agricultura e que prefire sementar que cementar. Un xeito modélico para enfrontarseao Plan Acuícola

Os veciños están comprometidos coa causa, non hai ninguén que queira vender os seus terreos e todos participan nas labores de acondicionamento das leiras. É curioso ver como as señoras sacan de sacho e axudan ao tractor nas zonas complicadas.

Moitos están indo de feito, aos cursos que organiza a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, que preside Xosé Manuel Casais e que conta coa dirección dunha mestra neste eido, Lucía Ferreiro Fernández, a secretaria (vémolos abaixo á dereita). Na mesma participan con todas as consecuencias 15 veciños, que confían en que este proxecto xenere riqueza para o pobo, non como a piscifactoría, na que traballan tan só 3 veciños do lugar.

As prácticas ecolóxicasImage

É Lucía, membro do Proxecto Amorodo, un dos centros máis avanzados en materia de agricultura ecolóxica en Galicia que naceu nos concellos de Ames, Rois e Dodro, a responsable de organizar e estruturar as terras.

Tamén se ocupa de preparar o abono e os produtos de conservacións. Aí prepara Lucía os puríns de algas fucus, que servirán para fixar o sustrato areoso da terra da zona; ou os puríns de albahaca, que servirán de insecticida (nada de produtos químicos mercados). Utilizaranse ademais asociacións de familias de verduras e hortalizas para evitar plagas, unha práctica menos utilizada agora que hai decenas de anos.

Xa hai varias sementeiros nun dos seus invernadoiros (que vemos na foto da dereita), preparando sementes de cebolas, leitugas vermellas ou espinacas, pensando agora en verdura de inverno, que pode ter mesmo máis saída que a de verán por non ter tanta competencia.

Así, ademais de leitugas de inverno, escarolas, zenouras, remolachas... están contempladas zonas de "grandes plantacións", a esta escala ecolóxica, claro, de trigo, centeo, patacas e leguminosas como chícharos ou fabas.

Tamén se preparan zonas para variedades autóctonas de froiteiras como maceiras, figueras, pexegueiras... pensando en apostar tamén polos cítricos.

As plantacións manterán zonas de rotación (barbeito) e contará con illas pensadas para os paxaros que poboan a zona.

Image 

Recuperando e conservando patrimonio

Un dos puntos máis interesantes de todo este traballo de rexeneración dos terreos, é a recuperación de regos e camiños de pedra. As obras respetan as leiras antiguas, cos seus nomes de toda a vida (un patrimonio inmaterial, cultural e histórico dun gran valor). Moitos regos baixan entre canais de pedra (na imaxe de arriba) que xacían baixo a maleza daquelas terras olvidadas, e que servían no seu momento, e servirán agora, para regar as terras. Agora, este punto é uns dos máis importantes, non só pola súa utilización práctica para o rego, senón que o patrimonio recuperado ten un valor incalculable.

Novas relacionadas

Máis información

>Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com