Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Entrevista con Marisol Soneira: "Para min, a Costa da Morte é a alma de Galicia"  Correo-e
miércoles, 03 de diciembre do 2008

O PSdG-PSOE Comarcal ofrécenos hoxe unha entrevista con Marisol Soneira. Marisol Soneira Tajes, de 54 anos, é natural e veciña de Camariñas, e exerce de Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE na Costa da Morte, Secreretaria de Emigración dos Socialistas Galegos alén de Deputada Autonómica.

Na entrevista Soneira reflexiona sobre a Costa da Morte en xeral, aportando a súa visión de por onde temos que levar o desenvolvemento. Fala tamén sobre o compromiso da Xunta para coa bisbarra, lembra uinha vez máis a importancia das infraestruturas abordadas, e apunta a todos nós para tomar o relevo para continuar o Plan da Costa da Morte.

Entrevista do PSdG-PSOE da Costa da Morte

Estes serían, en síntese, os avais dunha muller que entrou en política da man do seu amigo, e hoxe alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León para dar resposta as carencias que os veciños deste municipio tiñan. Longos anos de traballo e dedicación a situar a Costa da Morte no mapa de prioridades da Xunta de Galicia, e a definir un territorio esquecido durante longos anos.

  • ¿Que é a Costa da Morte?Image

Dende o punto de vista xeográfico a Costa da Morte é un territorio que os nosos mariñeiros sempre o circunscribiron o espacio comprendido entre as illas Sisargas e Monte Louro. Hoxe podemos decir que é o territorio que abranguen as comarcas de Soneira e Fisterra, mais os concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica e Carnota.

Dende o punto de vista cultural e histórico, a Costa da Morte é unha forma de vida. Durante miles de anos, homes e mulleres habitaron todo este territorio creando monumentos que deixaron memoria da súa pegada e da súa creatividade. Crearon unha mitoloxía que aínda vive no Monte Pindo. Enfrentáronse o mar e a terra para arrincarlle o sustento e, cando non foron quen de conseguilo na súa terra, tomaron o camiño da emigración para investir aquí o froito da suor e da morriña.

Para min, a Costa da Morte é a alma de Galicia.

  • ¿Por qué a Costa da Morte, sendo unha comarca costeira, tivo un comportamento económico e laboral tan distinto do resto das comarcas costeiras de Galicia?

Porque recibeu o mesmo trato que as comarcas interiores de Galicia, por parte de quen tiña a competencia política para mudar ese estado de cousas. Os responsables teñen nome e apelidos, Partido Popular e Manuel Fraga Iribarne.

A Xunta presidida por Fraga descubríu a Costa da Morte a través da catástrofe do Prestige e tratou de tapar e agochar a súa lamentable xestión nesta comara con propaganda e manipulación. Durante os anos de goberno Fraga tivemos unha perda de case mil habitantes cada ano, a emigración acentuouse cara Canarias e outras comunidades españolas, o illamento fixo imposible o asentamento de proxectos empresariais serios, faltou chan industrial, infraestrutura portuaria e case todo aquilo que fai posible o despegue económico dunha sociedade. Sirva de exemplo que a única autopista que facilita o acceso a Costa da Morte someteuse a peaxe e privatizouse ate 2045.

  • ¿Como considera vostede que se pode revertir esta dinámica?

Con planificación, compromiso, recursos e vontade política. Solo dende un forte compromiso político se poden abordar eivas que veñen de lonxe; déficits que abranguen a case totalidade dos sectores produtivos e a práctica totalidade do territorio. O Plan da Costa da Morte e o Plan de Reequilibrio Territorial van a permitirnos dar o salto definitivo para incorporarnos a Galicia mais dinámica.

  • ¿Porque ten tanta confianza nestes Plans? ¿en que consisten?

Teño confianza porque son plans basados no coñecemento da realidade e sen a presión de ningunha catástrofe que nos faga desviarnos do obxectivo pricipal, dotar a Costa da Morte das infraestruturas que fagan posible o seu desenvolvemento económico e social.E teño confianza, sobre todo, porque estan avalados e comprometidos polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que é o principal activo co que conta a Costa da Morte, tanto polo seu compromiso político como persoal.

O Plan da Costa da Morte contempla actuacións en portos, estradas, saneamento, fomento do emprego, formación para o emprego, promoción turística, apoio o sectores produtivos, etc. e a diferencia doutros, este Plan estase a executar: adxudicadas as obras da autovía, adxudicado o Porto de Brens, rematado ou construindose polígonos industriais en varios concellos da comarca, dotación de infraestruturas en materia náutico deportivo, saneamento integral na práctica totalidade dos concellos... en fin, un compromiso de tal calibre que fai que hoxe estean comprometidos mais de 600 millóns de euros para executar o conxunto das medidas e actuacións previstas. O longo dos catro próximos anos asistiremos a un movemento de maquinaria e de actividade en construcción pública sen precedetes e moi dificil de repetir no futuro.

  • Recentemente o Partido Socialista ven de anunciar unha campaña para achegarse os cidadáns que vivimos na Costa da Morte. ¿En que consiste e cal é a súa finalidade?

Queremos contar cos homes e coas mulleres que viven e traballan na Costa da Morte, voten o que voten, crean o que crean, sintan o que sintan. Queremos transmitirlle as nosas iniciativas e recoller as súas inquedanzas. Queremos animalos a militar e a simpatizar nunha organización como a nosa, que sempre estivo preto da sociedade na que vive. Queremos que nos coñezan e queremos coñecelos a todos eles. Esa é a esencia desta iniciativa coa que pretendemos acadar colaboración para traballar mais e mellor pola Costa da Morte.

  • Para rematar ¿como calificaría o papel do Partido Socialista na defensa dos intereses comarcais?

O Partido Socialista é a forza imprescindible e vertebradora do territorio. Temos representación en tódolos concellos, na deputación, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados. Somos o único partido que levou a Costa da Morte o Parlamento de Galicia e somos a única forza que ten proposto un plan integrado de desenvovemento para o conxunto do territorio. Este plan foi o a orixe do actual Plan da Costa da Morte polo que é facilmente comprensible que nos sintamos tan identificados con el.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com