|
O BNG quere Caneliñas virxe |
Correo-e
|
|
jueves, 04 de diciembre do 2008 |
|

Hai unhas semanas salía á luz pública a intención do alcalde de Cee, Ramón Vigom de construir un balneario en Caneliñas. Un complexo hoteleiro onde a protagonista sexa a auga, e a talasoterapia ofreza unha alternativa máis ao turismo rural. Esta semana o BNG resposta. Dani Oca apunta que durante moitos anos ningún veciño con terras na zona puido construir como para que agora veña alguén de fóra e monte un complexo. Dani Oca falou máis e sinalou que o actual alcalde mira máis por grandes proxectos que pola política social. "Á xente impórtalle ter un centro de día, unha galescola, que haxa un PXOM para poder ter unhas rúas anchas, e non estas historias de talasoterapia ou campos de golf dous que non van gozar", apuntou Oca. Pavillón Oca relacionou o asunto co problema co pavillón do concello. Un pavillón que está ao 70% e que se agarda que despois das vacacións de nadal poida abrir as súas portas. Contedores Entrementres, e aproveitando as obras, o BNG pedía que o concello solicitase uns contedores soterrados para o recheo e a Rúa de Arriba. O alcalde sinalou que era unha obra que xa tiñan pensada dende hai tempo. Novas relacionadas Fonte
|