sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Xente corrente  Correo-e
viernes, 05 de diciembre do 2008

Isto das personalidade resulta moi curioso. O carisma, o carácter, a capacidade de decisión, son rasgos valorados na nosa sociedade como importantes nunha persoa, para cando mais nun líder. Pero as tres persoas das que hoxe vou falar carecen dalgún ou de todos estes elementos, a pesares do cal, seguen nos seus postos e deciden sobre nos de modo decisivo.

A primeira desas persoas chamase Jean Claude Trichet. É o director do Banco Central Europeo, francés de nacionalidade e dirixente dun banco con sede en Alemaña (Frankfurt). Tal vez por estas razóns foi o ultimo en enterarse de que o mundo se precipitaba nun pozo en forma de recesión e so no día de onte comprendía esta situación e tiraba para atrás dos tipos de xuro, do Euribor vaia, dese banco con sede en Alemaña e dirixente francés, pero que nos toca as narices a todos. Mentres aquí os bancos engordaban de xeito escandaloso as súas arcas cos xuros hiperlevados deste home, rápido coma unha centella, queda claro, en Alemaña e Francia daba tempo a que a economía local deses dous países se enfriase e se adentrase de modo tranquilo nesta crise mundial. Nin carisma, nin carácter nin, por suposto, capacidade de decisión.

A segunda das personalidades e outro home, de nome Pedro e apelido Solbes. Este home, actualmente vicepresidente e ministro de economía, ostenta o desagradable record de ser o único ministro capaz de bater dúas veces a marca de maior numero de parados. A primeira vez deixou o record preto dos tres millóns de parados, cifra que esta vez vai superar. Pero por estrañas circunstancias que eu non chego a comprender todo o mundo insiste en afirmar que se trata dunha persoa fondamente preparada e de importante tino nas súas decisións. Sube o déficit do estado, cae en picado o consumo, pero erre que erre con que Solbes é a maior garantía para axudar o pais nestas circunstancias. Veremos cal é a natureza da súa próxima marca, e haber si así algún dos auténticos gurus mediaticos da política en España se atreve a dicir que Solbes e un zote cunha estupenda aparencia de mestre pero escaso carisma, carácter e capacidade de decisión.

A ultima das personalidades non a vou a identificar pero se trata dunha muller moi cercana a nós. Política tamén de carreira, comezou de abaixo cara arriba, do municipal cara o autonómico, onde exerce. E nesta pasada semana a maneira de facer política que dende hai anos utiliza, unha forma pouco recomendable, a base de promesas incumpridas ou cumpridas a medias e de ofrecer unha cara publica de raza e sentimento escondendo outra de cicatería e controversia, ven de estourarlle diante. Ela que pensaba que todo o mundo ia entender as súas palabras, a súa definición ou o porque da súa limitación dun territorio, atopa que non, que os monstros creados por ela mesma reviraron e atacan a man que lles dou de comer, politicamente, durante tanto tempo. E descubre que non ten carisma, non ten carácter e que a súa capacidade de decisión non existe. Porque ningún deses tres rasgos son adquiridos ou gratuítos. Esixen sacrificio, enxeño e gañas de loitar. Esixen honestidade e capacidade, forza interior e sólidos principios. Sentido común e paixon polo que se fai. E simplemente con dicilo non basta, hai que ser capaz de demostrar que un, ou unha, esta disposto a perdelo todo por eses principios, por esa honestidade, por esa paixón. E a sacrificarse. Non chega con declarar... hai que querer mandar.

  • José Luis Louzán.

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com