Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Evaristo Lareo: "O GAC tirará pola comercialización, a igualdade e a sostibilidade"  Correo-e
martes, 09 de diciembre do 2008

Falabamos co presidente do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte, que engloba aos concellos do norte da bisbarra, Evaristo Lareo, ao tempo patrón maior de Caión e presidente da Federación de Confrarías de Galicia. Falamos das liñas de actuación dos fondos do GAC, para as que Evaristo animou á xente "a presentar proxectos, que calquera iniciativa pode ser boa".

  • Un Plan Estratéxico elaborado por unha empresa de fóra: cales son as liñas de actuación?Image

Polo de agora, a empresa, tras unha reunión cas asociacións, cun grupo de traballo, no que participaron todos os sectores, do mar, da terra e dos concellos, organizou o Plan. As liñas irán pola comercialización, a recuperación da costa, o emprego da muller e a igualdade e a sostibilidade tanto no mar como en terra.

  • Que lle parece a disgregación da Costa en dous GAC?

Fíxose por zonas, xa que a de abaixo vai demasiado abaixo. De tódolos xeitos xa temos falado co GAC Seo de Fisterra para estarmos comunicados, conxeniar e non nos pisar actividades.

  • Poderían contemplarse proxectos turísticos como balneario de Seiruga ou integrais como Mar de Lira ou Mar de laxe?

Os proxetcos serán estudiados, terán unha puntuación, así que se estudiará no seu momento, segundo o emprego que xenere... E despois da directiva do GAC aínda terán unha revisión na consellería, para unha nova valoración, así que non se pode falar de ningún proxecto concreto.

Agora mesmo estamos á espera que o Plan sexa aprobado pola consellería, leva dende o 15 de outubro así que xa falatará pouco, agardamos que en xaneiro nos notifiquen a aprobación, porque polo de agora o grupo non é operativo. A partir de aí xa animaremos a xente para presentar proxectos, calquera pode ser bo.

  • E a Crise? a xente di que hai xa moitos barcos a vender, e que nos bares só se vén funcionarios, os mariñeiros andan pola rúa?

A baixada está sendo grave en todos os prezos, entre un 25 e un 30% en cada produto. Ademais, os sectores primarios son os que máis pagan a crise. Estase inxectando cartos a grandes bancos e para o noso sector, que esta a sufrir moito, nin un peso.

Ata mediados, como mínimo, de 2009, vai seguir así, cos mariñeiros aguantando e traballando o doble.

  • Pero vai haber cartos suficientes para facer algo?

Xa hai aprobados 40 millóns para Galicia e parece que o compromiso é serio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de La Coctelera.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com