|
Un encoro sen auga e un río sen troitas |
Correo-e
|
|
miércoles, 10 de diciembre do 2008 |
|

A Fervenza non chega ao 35% de ocupación. Así o indica o último Boletín Hidrolóxico de Augas de Galicia. Un dos encoros máis grandes do país, que o ano pasado por estas datas quedara a cero, non mostra unha cara positiva a pesar da cantidade de choivas que están caendo nos últimos tempos. A precaria situación do encoro da Fervenza contrasta, como vén sendo habitual, co de Santa Uxía do Ézaro, que roza o 93% de ocupación. Un encoro que se utiliza para abastecemento varios concellos da zona, pero que ademais é o que explota a Electra del Jallas para a produción de enerxía hidroeléctica. O xulgado aínda dirime a posible multa de 600.000 euros que pide a Xunta á empresa Ferroatlántica, e que esta recorreu hai uns meses. A fauna do río Ante a falta dun proxecto de rexeneración da fauna do Xallas, logo da matanza do pasado novembro de 2007, o río continúa sen peixe. Xa o denunciara hai pouco a comunidade de pescadores de Salmo, que lembraba a necesidade de seguir coidando o entorno. O caso é que a densidade de peixe é moito menor que a media dos ríos galegos. Un Xallas que foi o paraíso para pescadores e que vive horas baixas, tanto río arriba como abaixo. Río abaixo era de agardar unha situación complicada logo da seca, pero na zona de Santa Comba era menos previsible. A meirande parte morreron e non puideron voltar a remontar o río para desovar. Novas relacionadas Fonte
|