|

Buño recibirá en breve un par de fornos gracias ao convenio coa Deputación da Coruña. Así o asinaban onte o presidente da Deputación, Fernández Moreda e o alcalde de Malpica, José Ramón Varela Rei. A deputación adquire e cede dúas parcelas da zona con sendos fornos, o "forno da loita" e mais o "da Costa", alén dos galpóns e alpendres pertinentes. Máis posibilidades por seguir mantendo a tradición e xerando máis traballo na zona arredor da olería. Na imaxe vemos un dos fornos do Ecomuseo. Nota de prensa da Deputación da Coruña Fernández Moreda asinou esta mañá o convenio de colaboración co alcalde de Malpica, José Ramón Varela Rei - A Deputación financia con 86.000 euros a compra de dous fornos tradicionais en Buño
A Deputación da Coruña achega 86.000 euros para a adquisición de dous fornos tradicionais en Buño, segundo consta no convenio de colaboración subscrito esta mañá, na sede desta institución, polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Malpica, José Ramón Varela Rei. O importe da adquisición ascende a 115.200 euros, polo que coa achega da Deputación da Coruña cóbrese o 74,65 por cento do custo total, mentres que o resto será financiado polo concello de Malpica. Adquisición das leiras "Forno da loita" e "Forno da Costa", que constan de: Forno da Loita: casa de 117,10 m2 - parcela de 940 m2
- forno de 128,35 m2
- galpón de 32,36 m2
- alpendre de 89,95 m2
Forno da Costa: - parcela de 543 m2 - forno de 67,27 m2
- 2 alpendres de 133 m2 e 63 m2
- galpón 10,50 m2.
O Orzamento é de 115.200 euros e a cchega provincial de 86.000 euros. O seu alcalde, José Ramón Varela Rei valorou moi positivamente esta nova achega da Deputación da Coruña para preservar o patrimonio oleiro do concello de Malpica. Pola súa banda, Salvador Fernández Moreda expresou a súa satisfacción por este novo acordo de colaboración, e destacou o compromiso da Deputación con Buño, tendo en conta que esta institución, ademais de adquirir e rehabilitar o enclave etnográfico do Forno Novo de Buño, contribúe tamén a financiar as actividades que ao longo do ano de desenvolven nel para pór o valor a actividade oleira. Novas relacionadas Máis información Fonte - Nota de prensa da Deputación da Coruña.
- A fotografía do forno foi extraída de Panoramio da man de Doval.
|