|
Dumbría celebra este Nadal con teatro e obradoiros |
Correo-e
|
|
miércoles, 17 de diciembre do 2008 |
|
O Concello de Dumbría dou comezo esta mesma semana á programación de Nadal coa mensaxe personalizada que Papá Noel está a enviar a cada un dos nenos e nenas que asisten ás clases de informática. Imos repasando as actividades que artella o concello: - O sábado 20 de decembro, ás 18 horas teremso a posibilidade de disfrutar da Representación teatral do grupo Caramuxo Teatro coa obra "Lazarillo" no Centro Social e Cultural de Olveira.
- Luns 29 de decembro: Dende as 11 horas, celebración dunha festa infantil no pavillón polideportivo de Dumbría con música, xogos,... e despois da comida, a representación teatral da obra "Historia dunha semente" de Caramuxo Teatro (ás 15:00h.). Haberá servizo de autobuses por tódalas parroquias. Inscricións ata o 22 de decembro.
- Venres 2 de xaneiro: excursión infantil a Santiago para nenos/as de 6 a 16 anos, na que se visitará a Catedral, a exposición virtual Galicia Dixital, ... Inscricións ata o 29 de decembro.
Nas diferentes casas de cultura do concello tamén se levarán a cabo as seguintes actividades entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro: - Obradoiros de Nadal: elaboración de postais navideñas e carta ós Reis.
- Conto de Nadal: sesión de contacontos e actividades relacionadas con el.
- Campionatos de Ping-Pong.
- Campionatos de xogos de mesa.
- Proxección de películas.
Os horarios das actividades poden consultarse no Concello ou ben en cada unha das Casas Culturais. Programas de Nadal doutros concellos Novas relacionadas Fonte
|