|
Cada ano, o colectivo ADEGA entrega uns premios moi curiosos para premiar e desvalorizar o traballo de algunha entidade ao longo do curso. Un é o premio Osíxeno, que o ano pasado levaron as Plataformas contra o Plan Acuícola. O outro o premio Dioxina, que como vos podedes imaxinar non é tan positivo, e que o ano pasado levou a empresa de Villar Mir, Ferroatlántica, pola súa labor de control na matanza do encoro da Fervenza. Este ano, e quedando na Dioxina, será o director xeral de Augas de Galicia o que leve o galardón, polo mesmo motivo que Ferroatlántica, e pola permisividade ante as empresas de explotación hidroeléctricas, que ao sumo son as que deciden sobre a nosa auga, non hai máis que ver como o enconro de Santa Uxía nunca baixa do 90% e o da Fervenza non chega ao 40%). Tanto Villar Mir como o director de Augas de Galicia están no medio dun proceso xudicial. O primeiro xa avisou de que recurrirá a multa imposta por 600.000 euros, mentres que o segundo asegurou que Augfas actuou tan rápido como puido. Proxecto Quilmas Vivo O caso é que o premio bo quedou na Costa da Morte.Un proxecto que visitabamos as pasadas semana, con máis de 20 hectáreas preparadas para plantar toda clase de prodotos cun tratamento puramente ecolóxico. Máis de 20 hectáreas situadas ademais nos terreos onde Pesca quere proceder á construción da ampliación da piscifactoría, e que suporía un impacto radical nas vidas dos veciños. O Proxecto Quilmas Vivo, que engloba ademais da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, o Proxecto do Monte Veciñal, é un proxecto de vida. Un símbolo de que o pobo de Quilmas non quere rodaballo, que seguir vivindo como ata o de agora, sendo este un proxecto grande para un pobo pequeno. Reunión coa UXFOR Estes días a Cooperativa Raíña Lupa recibirá a visita de representantes da Unidade de Xestión Forestal (UXFOR), que hai unhas semanas eran alabados polo Conselleiro de Medio Rural, para seguir analizando as potencialidades e os coidados do monte veciñal carnotán. Novas relacionadas Fonte
|