Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Tempos de viaxe nos buses da Costa da Morte  Correo-e
martes, 21 de agosto do 2007

Image

Seguimos a traballar para tentar aclarar a información relativa ao transporte en autobús en a Costa da Morte. No gráfico que acompaña esta nova podedes ver os tempos dos diferentes traxectos, pero tamén imos a analizar máis polo miúdo algún deses traxectos:

Fisterra - Cee - Muros - Noia -Santiago: 3 horas 10 minutos

A Empresa Monbus fai unha estimación dos tempos na súa web.

Fisterra - Baio: 1 hora 10 minutos

Segundo nos contan desde a Empresa Vázquez os tempos calcúlanos con marxes máis amplos do normal para tratar de incluir as posibles continxencias que xurden á hora de prestar os servicios.

Baio - Santiago: 1 hora 15 minutos

A estimación deste tempo ven da Empresa Aucasa.

Fisterra - Coruña (por autopista dende Carballo): 2 horas 5 minutos

Tamén feito pola Empresa Vazquez.

Fisterra - Coruña (por estrada, percorrido marcado en vermello no gráfico): 2 horas 30 minutos.

Dúas formas de chegar a Santiago dende Fisterra

Á vista dos datos podemos comprobar que podemos aforrar 1 hora de viaxe se eleximos coller o bus da Empresa Vázquez que fai a ruta Fisterra - Santiago e logo facer un transbordo en Baio para coller o bus da Empresa Aucasa que fai o servicio entre Baio e Santiago.

A liña a Santiago por Muros e Noia é unha ruta que da servicio a moitos pobos da bisbarra nesa zona e é unha alternativa máis de chegar a Santiago. O potencial turístico desta ruta é moi alto posto que o volume do tráfico de buses permitiría facer paradas nos pobos e pasar un tempo neles ata o seguinte autobús, pero semella que isto tampouco se lle ocorreu a ninguén.

Responsabilidades nesta situación

Despois de ter analizado todos estes datos non creemos que o servicio de autobuses nestas liñas principais sexa tan malo, exceptuando o desastre do que está a acontecer con Camariñas e Muxía, o que pasa é que conseguir información como a que vos estamos a dar é realmente complicado.

Desta dificultade non teñen culpa ás empresas que prestan os servicios na Costa da Morte, a responsabilidade por parte delas virá se non cumpren o que anuncian. Se temos tres empresas distintas, alguén tería que preocuparse de coordinar toda a información e darlla ao usuario. Esa parte fundamental foi esquecida dende sempre por parte da Administración, responsable do funcionamento dos Servicios Públicos.

Levamos moitos anos vendo medidas de todo tipo pero a ninguén se lle pasou pola cabeza crear un organismo que centralice toda á información dos horarios e a facilite aos usuarios.

Moito se lle enche a boca aos políticos cando falan do prioritario que é dar un Servicio de Transporte Público de calidade e de potenciar o turismo na Costa da Morte, sería bo que comezasen por facer que tanto os que vivimos na Costa da morte como os turistas que veñen a visitarnos nos enterásemos de que buses chegan ata aquí primeiro.

Por outra banda non é xusto tratar ás tres empresas do mesmo xeito, Vázquez e Aucasa dende un primeiro momento achegaron toda a información que tiñan dispoñible e prestaron todolos servizos que lles correspondían. Monbus da unha información completa na súa web sobre o traxecto Fisterra - Santiago, pero esqueceu dar a información dos servicios a Camariñas e Muxía dende Cee e polo que vimos vendo estes días parece que tamén esqueceu de prestar dito servicio.

Desde Que Pasa na Costa seguiremos a traballar por ofrecer información util sobre os autobuses da Costa da Morte e poder publicar o resto das liñas como as que dan servicio a Mazaricos, Laxe e Malpica entre outras que faltan.

Fonte

  • Redacción de Que Pasa na Costa.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com