Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un paso máis para os portos deportivos de Corcubión e Fisterra  Correo-e
martes, 23 de diciembre do 2008

Os portos deportivos de Corcubión e Fisterra dan un paso adiante. Portos de Galicia inicia a tramitación ambiental, paso imprescindible para determinar o alcance dos proxectos. Son dous proxectos que veñen avalados pola súa ubicación, amparados pola peninsula de Fisterra que abriga a zona. Serán 400 prazas de amarre en Corcubión e dunhas 300 en Fisterra. E en Sardiñeiro? "en Sardiñeiro "nunca houbo porto", que dixo Jacinto Parga..

En Corcubión hai 5 posibles emprazamentos, pero o máis probable é que termirne no vello peirao de Quenxe, onde os mariñeios da zona aínda conservas tradicións milernarias, como vemos abaixo.

Pola súa parte en Fisterra, é necesaria a execución dun contradique que mellore as condicións de abrigo.

Image 

Nota de prensa da CPTOPT

PORTOS DE GALICIA INICIA A TRAMITACIÓN AMBIENTAL DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO DEPORTIVAS NAS RADAS DE CORCUBIÓN E FISTERRA

  • Este requisito é o paso imprescindible para determinar o alcance dos proxectos

Santiago, 22 de decembro de 2008.- O ente público Portos de Galicia iniciou a tramitación ambiental das instalacións náutico deportivas nos portos de Corcubión e Fisterra. Este requisito é imprescindible para proceder á cualificación ambiental dos proxectos e determinar o seu alcance, que en calquera caso se estima nuns máximos dunhas 400 prazas de amarre en Corcubión e dunhas 300 en Fisterra.

Tanto a enseada de Fisterra como a de Corcubión atópanse protexidas polo Cabo Fisterra. Esta configuración abrigada, unida á escaseza de instalacións náutico deportivas no entorno litoral da Costa da Morte que sirvan como punto intermedio entre as Rías Baixas e o golfo Ártabro, fixeron que se incluísen estes emprazamentos dentro das actuacións previstas no Plan Director de Portos Deportivos aprobado polo ente público para unha planificación estratéxica axeitada do sector.

O obxectivo do proxecto no porto de Corcubión consiste na creación dunhas instalacións para o atraque de embarcacións deportivas, presentando cinco alternativas con diferentes ubicacións, configuracións e parámetros de ocupación en mar e terra (número de atraques, superficies de ocupación, lonxitude de contradique, etc.)

No caso de Fisterra, o obxectivo do proxecto é a execución dun contradique que mellore as condicións de abrigo, seguridade e operatividade do porto ademais da creación dun atraque para embarcacións deportivas, neste caso presentando tres alternativas sempre ao abeiro do dique xa existente no porto, o que minimiza a afección ambiental e o custo da obra. Ao igual que no caso anterior, estudaranse diferentes configuracións en planta e distintos parámetros de ocupación en mar e terra.

A Ley 1/2008, de ámbito estatal, establece no seu Anexo I a necesidade de acometer, como é o caso, un Procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental para a construción de novos portos (comerciais, pesqueiros ou deportivos), de espigóns e pantaláns para carga-descarga de barcos por riba das 1.350 toneladas de arqueo ou para executar outro tipo de obras costeiras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CPTOPT.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com