|
A autoestrada que une A Coruña con Carballlo, acaba de estrear o Telepeaxe. Como apuntaba a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, a AG-55 comezaba o ano coa implantación do sistema de peaxe dinámico. Esta mellora acadada por Política Territorial forma parte do convenio asinado entre a Consellería e a concesionaria da infraestruturas. A telepeaxe que agora se implanta contribuirá a axilizar o tráfico en ambas autoestradas ao evitar que os vehículos teñan que deterse para pagar as peaxes. Obras en Dumbría A CPTOPT adxudicou tamén a mellora da estrada AC-442 que une as localidades de Berdeogas e Boudañeira, no concello de Dumbría, cuxas obras ascenden a 725.000 euros, así como a urbanización e acondicionamento da rúa da Cachurra en Negreira por 388.000 euros. Máis información sobre a Telepeaxe A telepeaxe é un sistema que permite, a través da colocación dun dispositivo electrónico no vehículo, circular polas autoestradas sen ter que deterse para pagar as peaxes. Uns carrís específicos habilitados nas áreas de cobro das autoestradas detectan a proximidade do vehículo equipado co dispositivo e abren automáticamente as barreiras, cargando electronicamente o custo da peaxe á conta bancaria do usuario sen que este teña que deterse. O sistema de telepeaxe que se implantou en ambas autoestradas autonómicas é compatible cos empregados no resto das autoestradas españolas e que en Galicia xa se podía utilizar na Autoestrada do Atlántico (AP-9). O dispositivo de telepeaxe pode obterse en practicamente todos os bancos e caixas de aforro de España. Para obter máis información sobre a telepeaxe pódese acudir igualmente á páxina web www.viat.es. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da CPTOPT.
|