Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Opinión: A penosa situación dos animais abandoados na Costa da Morte  Correo-e
miércoles, 22 de agosto do 2007

Son Irene García Patiño e levo 5 anos traballando na Costa da Morte como veterinaria no Hospital Clínico Veterinario Argos, en Cee. Desde que cheguei a esta terra a situación da recollida de animais abandonados, sobretodo cans e gatos, non mellora, e mesmo empeora.

A triste realidade móstranos que en toda a bisbarra non hai un só sitio que funcione como "perrera" municipal, e os concellos non cumpren a súa obrigación de recoller os animais abandonados que deambulan polas súas rúas.

Hai "perreras" en A Coruña, Santiago e Carballo pero non teñen espazo para os cadelos atopados nas bisbarras colindantes.

Ante esta situación irregular, a Clínica Veterinaria Argos leva moito tempo actuando de "perrera" de facto, aceptando acoller aos animais que se atopan nas rúas da Costa da Morte. Pero, aínda que a maioría dos concellos teñen un acordo coa clínica, só os de Fisterra e Dumbría e, desde o último cambio de goberno parece que tamén o de Cee, pagan as facturas que conleva a recollida e o coidado destes animaliños, mentres que o resto de concellos lávanse as mans.

Para tentar mellorar a situación, o Hospital Clínico Veterinario Argos en colaboración con Que pasa na Costa, acaban de crear o servizo Salvacadelos, que pretende axudar a atopar fogares de recollida aos animais que alí cheguen.

Se atopas un cadeliño abandoado, chama ao teu concello

Temos que pedir a toda a xente que se atopa un cadeliño, que chame ao seu concello. Eles xa se porán en contacto coa Clínica Argos e desde alí pasaremos a recollelo, pero sempre é preciso que sexa o concello  o que informe a Clínica, nunca directamente o que atopa o cadelo.

Do mesmo xeito, se alguén está interesado en acoller a outro compañeiro na súa casa, que pase polo Hospital Clínico Veterinario Argos de Cee, e que pense que alí hai sempre unha criatura agardando unha nova familia.

Máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com