Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Seiruga sufrirá o dragado para a rexeneración da praia de Malpica  Correo-e
martes, 13 de enero do 2009

Image

Ao igual que ocorre en Corcubión, non está todo o concello dacordo coa rexeneración das praias de Area Maior e Cánido en Malpica. Un proxecto complexo, que implica unha actuación de dragado, que moitos consideran un impacto demasiado grande para o litoral. Así o advertía ADEGA sobre a rexeneración da praia de Corcubión.

O caso é que dende a Plataforma Seiruga Limpa pregúntase sobre as vantaxes do proxecto de rexeneración, como fixera a pasada semana a oposición malpicá. Alfonso Vidal apunta que a extracción terá lugar na zona de Seiruga, entre o Punta da Charna e a Punta Ghaliana (na foto vemos a praia de Encidre), supoñendo unha nova ameaza para un espazo que está á espera do Plan Acuícola.

Por que en Seiruga?

A Plataforma dubida como influirá a extracción de 100.000 m3 de fondo mariño, que poden chegar aos 280.000. "A ver cantos collen", pregúntanse por Seiruga, que non gustan do calificativo de "Zona de Préstamo" que indica o proxecto. Alfonso pide control sobre o dragado, pero sinala que a elección da zona de Seiruga pode ter que ver co Plan Acuícola. "O tubo de admisión de auga irá precisamente por onde queren facer o dragado, así que pode que lle anden facendo sitio xa", sinala Alfonso.

Dende Seiruga apuntan que mellor iría se se preocupase en recuperar o Castro de Entretorres ou en colocar uns servicios e unhas duchas na praia de Seiruga, no canto de roubarlle a area. 

Botade un ollo ao blog da Plataforma, que lembra que Seiruga non quere ser a nena dea de ninguén.

E falando de dragados, alguén se pregunta por como vai quedar a ría de Corcubión trala ampliación do Porto de Brens?. Está programado un peirao de ata 710 metros, cun dragado de 110.000 m3 de fondo mariño.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com