Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Xa cheira a entroido en Fisterra  Correo-e
martes, 13 de enero do 2009

O Concello de Fisterra acabad e abrir o prazo para a presentación das Comparsas de cara ao entroido máis teatreiro de toda a Costa da Morte. O ano pasado puidemos participar como xurado no que din o "o Entroido máis tradicional da Costa da Morte" e disfrutamos como ananos. Un despliegue espectular, que comeza dende estes días, porque de seguro que toda a xente de Fisterra xa está volcada na preparación das comparsas.

Os actores fisterráns xa están traballando para que o vindeiro martes 24 de febreiro poidamos disfrutar de puro teatro. Boten un ollo nas bases para presentar antes do 15 de febreiro a vosa candidatura, que pode chegar dende todos os puntos da bisbarra. Pero ollo se sodes de fóra de Fisterra, que o nivel está moi alto.

Image 

Na imaxe vemos aos gañadores do ano pasado, o Cabaret dos Xaramiños.

Bases do concurso de Comparsas Entroido 2009

En relación coa celebración do Entroido de Fisterra 2009, "O Entroido máis tradicional da Costa da Morte", establécense tres premios para as comparsas que se presenten a concurso, que se vai a celebrar o 24 de febreiro na Praza da Constitución ás 18:00h., conforme as seguintes bases:

  • 1º: Cuantía dos premios
    - PRIMEIRO PREMIO..1.500,00€
    - SEGUNDO PREMIO...1.200,00
    - TERCEIRO PREMIO...900,00€
    Estos premios destinaranse aos calificados por orden de maior puntuación. En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación a comparsa gañadora. O resto das comaprsas participantes terán unha axuda de 300,00€.
  • Motivos:
    a) PRESENTACIÓN (Disfraces, maquillaxe,...)
    b) CALIDADE ARTÍSTICA (Execución da música, posta en escea, organización....)
    c) CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS
  • 3º.-A puntuación será do 1 ao 10 para cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.
  • 4º.-O ditame do xurado será inapelable.
  • 5º.-Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado 21 de febreiro.
  • 6º.-O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos.
  • 7º.-O número de participantes en cada comparsa será como mínimo de 15 persoas.
  • 8º.-Lugar de inscripción: Nas oficinas do Concello en horario de 8:30 a 14:30h antes do 15 de febreiro

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com