|

Semella que o proxecto de rexeneración das praias de Malpica non van afectar tanto á zona de Seiruga, dende onde sairán os finalmente 102.000 m3 de area, segundo, aprobouse no pleno de onte, e non os 238.000 que estaba contemplados no proxecto inicial. Unha nova que tranquiliza un pouco aos veciños de Seiruga pero da que lles gustaría sacar algo a cambio. Dende a Plataforma Seiruga Limpa piden que cando menos, o ser unha "zona de préstamo" traia algunha contrapartida á zona, como pode ser o acondicionamento con duchas e servicios na praia de Barizo, un acceso peatonal decente á praia Pequena, servizo de socorrismo ou promoción turística da zona. (arriba vemos a enseada de Encidre. Proyecto Piloto Parque Marítimo Terrestre Selaguía Aprobábanse no pleno de onte varios proxectos a desenvolver no concello de Malpica cos cartos do GDR. Vagariño imos vendo en que se van empregando os fondos do GDR, e por Malpica hai varias cousas interesantes, como é o Parque Marítimo Terrestre Selaguía. O proxecto, que se levará a cabo na zona de Beo, precisará de 200.000 euros de capital público e 244.000 de capital privado, e tenta recuperar aldea rural en Beo para destinar a salón social, restaurante, exposición etnografica, agraria e artesania. Unha iniciativa de carácter privado patrocinada polos fondos públicos. Ademais e, cunha partida moito máis pequena, contémplase a Recuperación do Castro de Entretorres (á dereita), con tan só 12.000 euros axuda pública e 5.142,86 de axuda privada, e a Recuperación senda peonil, con ata 120.000 euros axuda pública e 51.428,57 privada. Máis proxectos O concello quere tamén rehabilitar a contorna de San Cristovo, para o que precisaría uns 120.000 euros. Outro dos proxectos inclúe dúas rehabilitacións de edificios, como son a recuperación da Casa de Aldeola, cun orzamento de 100.000 euros, e da escola unitaria de Pontella, chegando a 110.000. Pola súa parte, os cartos do Fondo Estatal de Investimento Local empregaranse nunha piscina climatizada, segundo aprobaron no pleno de onte con bastante de polémica.
Novas relacionadas Fonte MMA: Regenaración de la Playa de Área Maior Canido. TM: Malpica (A Coruña). La Voz de Galicia: O alcalde sostén que o dragado para rexenerar as praias de Malpica non afectará a Seiruga. Seiruga Limpa: Seiruga, á nena fea de Malpica ( II ) ..La Voz de Galicia: A corporación de Malpica destina o diñeiro do Fondo Estatal á piscina climatizada. Seiruga Limpa: GDR ou JóDeTe. Fotografías do Ambum Picasa de Seiruga Limpa.
|