|

Se o pasado martes falabamos dos proxectos que o concello de Cee vai empregar co Fondo Estatal de Zapatero, co que se investirán 400.000 euros na Casa da Cultura, hoxe repasamos as obras previstas no concello polas grandes construtoras da zona. Por exemplo, esta semana o alcalde Ramón Vigo traía de novo o proxecto do multiusos na zona dos estaleiros da Sicar, hoxe é a propia Sicar a que aporta un documento cun gran proxecto. Este incluiría unha zona de vivendas con ata 20 edificios deixando unha parcela para o devandito pavillón multiusos. É a primeira proposta para entrar no Plan Xeral de Ordenación Municipal, que incluiría a reforma de 70.000 metros cadrados entre o colexio Manuel Rial e o porto de Brens, que vemos na imaxe. O concello, encantado coa idea, non porá impedimento.. Balneario e campo de golf Afortunadamente nin o proxecto urbanístico no monte San Pedro Martir de Cee que inclúe o campo de golf, nin o do balneario na zona de Caneliñas semellan avanzar. Lábaro A empresa mediterránea que xa vendeu varias parcelas e proxectos pola crise da construción, continúa pendente de rematar a estanca e epiterna obra do centro de Cee. A obra agarda que a Xunta ha de aprobar unha reforma puntual das normas subsidiarias que rexen o urbanismo en Cee trala aprobación no pleno ceense. Novas relacionadas Fonte
|