Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O asilo da discordia  Correo-e
jueves, 15 de enero do 2009

O proxecto do Centro de Día está a xerar máis polémica da que debería xa que os dous grupos maioritarios de Corcubión están dacordo na necesidade da apertura dun espazo para a terceira idade.

O BNG asegura que o PSOE péchase en banda ante a proposta de Óscar Ínsua de formalizar un pleno extraordinario para debatir a creación dun Centro de Día ou unha mini-residencia no Antigo asilo Emilio Alonso. A solicitude do pleno por parte do BNG foi o 30 de xaneiro, e o alcalde aínda non convocou o devandito pleno, feito que toman dende a oposición como un rexeitamento á súa proposta.

Con que fondos?Image

O centro tería lugar nos edificios do antigo Asilio Emilio Alonso (o amarelo, e o continguo, que foi cedido por unha veciña tamén para labores sociais) e a rehabilitación faríase cos cartos do Fondo Estatal de Investimento Local que promove Zapatero. É aquí onde chega a confrontación, que no canto de solucionarse con palabras se convirte en polémica mediática por mor dun poso moi antigo de desconfianza.

Proxectos de nova factura

Para o goberno municipal a necesidade de crear un espazo para a terceira idade tamén é prioritario pero segundo nos conta Chisco hai varias razóns polas que non pode ir con estes fondos.

A premura foi unha das razóns que evitou que o concello incluise a obra no FEIL (hai que presentalos antes do 24 de xaneiro e a aprobación da obra precisa a documentación). Pero a máis importante razón para que o concello pensase no Wifi antes que no asilo, é que os proxectos presentados no FEIL teñen que ser de nova factura (non poden haber outras solicitudes a outras adminstracións), e segundo nos conta Chisco "hai un proxecto do 2005, pero que non conta coas novidades do Centro de Día que veñen de implantar dende Vicepresidencia. Presentóuse un solar en Amarela e estes dous edificicios pero Vicepresidencia dixo que polo momento non".

A cousa non quedou aquí e Chisco afirma que "en maio retomouse o tema, para ver a liña que podíamos coller para adquirir un Centro de Día e xa pedimos unha subvención cun presuposto para arranxar esas dúas vivendas.

Por todo isto, o alcalde é taxante e asegura que o "o centro de día non cabe" nesta partida. "O pleno extraordinario farase", admite con todo Chisco, "pero nel preguntaremos cales foron as xestión feitas con Vicepresidencia, coa que teñen comunicación directa durante os 9 meses de alcaldía.

Falta de diálogo

Pola súa parte, Óscar Insua indica que a falta de comunicación é falta da alcaldía, indicando que Chisco afirmaba que "non tiña que consensuar nada coa oposición".

Vemos como unha vez máis os intereses persoais de ambos grupos interfieren no devir da vida política corcubionesa.

Nota de prensa do BNG

O PSOE SE NEGA A FACER O CENTRO DE DÍA OU MINI-RESIDENCIA EN CORCUBIÓN

O PSOE REXEITOU AS PROPOSTAS FEITAS POLO BNG

O BNG solicitou o día 30 de decembro a celebración dun pleno extraordinario para debater as propostas de obras para incluir no denominado fondo estatal de investimentos locais.A día de hoxe, o alcalde non convocou o pleno extraordinario (ten 15 días hábiles para facelo), e tan só puxo trabas para non debatir publicamente as obras.

O BNG propuxo que se fixera o centro de día nas casas do antigo asilo , e que se rehabilitara e reformara o auditorio municipal.No día de onte, o noso portavoz Oscar Insua, conversou co alcalde no seu despacho, para tratar o pleno extraordinario e preguntar por que non estaba convocado. A resposta do alcalde foi inminente, manifestando que non tiña que consensuar nada coa oposición, e que xa decidira e aprobara en xunta de goberno as obras a facer cos fondos de investimento local.

A sorpresa do BNG foi grande, pois unha vez máis, o alcalde demostra que non quere falar coa oposición, nin chegar a ningún consenso. Desta maneira e con esa actitude, o Psoe non vai facer o centro de día, nin reformará o auditorio municipal na capela do pilar.

O BNG descoñece cantos empregos novos se crearán en Corcubión para realizar as obras que propón o Psoe, máis pensamos que as nosas propostas poderían axudar a alguhas pequenas empresas da construcción de Corcubión,a aguantar mellor este período de recesión económica, evitando despidos nun dos sectores máis castigados pola crise, así como nas empresas de venta de materiais de construcción no pobo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa de Oscar Insua Lema, Voceiro do grupo municipal de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com