doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Malpica denuncia irregularidades no proxecto da piscina co FEIL  Correo-e
viernes, 16 de enero do 2009

O pleno desta semana no concello de Malpica deixou varios detalles que demostran como a comuncación entre os grupos de goberno non é a máis fluída, seguindo a tónica da maioría dos que coñecemos por dentro. É normal que a oposición se entere das novidades do seu propio concello pola prensa, algo que nos sorprende negativamente.

O pleno extraordinario de urxencia desta semana tiña dous puntos salientables: as axudas da Deputación para coidado dos xardíns (axudas abertas dende novembro) e a aprobación do proxecto da piscina climatizada cos cartos do Fondo Estatal de Investimento Local, que leva mes e pico aberto, e que hai que presentar antes do 24 de xaneiro. Aprobáronse ambos puntos, o primeiro coa abstención do BNG e o segundo cos votos en contra de AVE e BNG.

AxardinamentoImage

Roberto García Ferreiro, voceiro do BNG, sinala que abstívose na votación sobre as propostas de axardinamento porque, alén de non consideralas urxentes (un problema que vén de longo), o verdadeiro problema, segundo Roberto, reside en que son moitos os coches que aparcan na zona verde: "habería que empregar esforzos en poñer uns pivotes, por exemplo. Ademais a obra vai na parte de arriba da praza, e se o seguinte goberno quere cambiar algo da praza, hai que cambialo todo de novo".

Piscina climatizada

O pleno aprobou finalmente o FEIL para a piscina, spa e ximnasio. Para a oposición hai varias cousas irregulares e outras mal prantexadas, como a localización. Para Roberto é "malísima, non ten un bo aparcadoiro, unha obra con pouco futuro". O BNG admite a necesidade dunha infraestrutura así, pero non "podería facerswe cunha boa ubicación para todo o concello".

Roberto sinala que "só se mirou datos de rendibilidade: se en Serra de Outes sacaron 15.000 euros, aquí vai ir ben". Non quedou aí o BNG: "dudo moito que ese proxecto esté ben maduro, un proxecto necesario como ese."

Para o BNG "o goberno dedícase a vender. É unha pena que se gasten uns fondos que deberían ser para dinamizar o emprego na zona. Ese proxecto poderíao subvencionar outras adminstracións. Reitero que nós temos ese proxecto no noso programa, nos parece necesaria pero non aí e agora".

Proxecto en redacción?

"O proxecto está en proceso de redacción" así o admitíu o concello no pleno. A oposición pensa que isto é unha irregularidade, xa que "habería que facer un concurso", e acusaron de ilegalidade ao grupo do PSOE.

Rexeneración da praia

No pleno do pasado xoves falouse, e moito, do proxecto de rexeneración da praia de Malpica. Roberto García indica que "o da praia non o vemos ben, que non son necesarias nestes días de crise. Para min non é unha obra de futuro e é tirar 1 millon de euros na praia. Noutro momento non o dubidaría, xa que é algo que se fixo ben noutros lados, e sería bo para o turismo, pero neste momento hai que fixarse no mercado laboral".

Para Roberto, son "cuestións que parecen castelos no aire". Ademais apunta que "esta obra debería ser competencia de Costas". Non entendeu asemade o feito de votarse por vía urxencia, pensando que polo que xunto a Miguel Fernández (PP) e José Manuel Vila (AVE) pediron unha explicación,

O pleno rematou de xeito cómico. "Suspendeuse o pleno, xa que apareceu un home ebrio". Roberto non quere pensar nada estrano pero lembrou que "o alcalde tiña que ler o pregon en Seaia, e o pleno rematou por este motivo ás 23:30 cando os plenos diran ata as 0:00, como mínimo-

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com