Temos na Costa unha Tenda de viños por internet. Efectivamente, Vitualla, a tenda do Groumet, ademais de ser unha tenda ao uso na Alameda de Cee, pero con produtos de moita calidade, factura e factura pola rede. Para acompañar á tenda virtual José Luis Louzán, o noso colaborador das verdades como puños, que acaba de voltar ademai á Radio Neria, ten un blog con moita salsa.
Louzán trae as mellores conbinacións entre viño e comidas, sendo un verdadeiro referente culinario en toda a península. Xa avisa, "aquí non é obrigatorio "saber" de viño para entrar", pero se cadra é recomendable, porque estamos a moi alto nivel.