Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"A radio é un vicio, un vicio dos malos"  Correo-e
lunes, 19 de enero do 2009

Image

A Radio Neira e Radio Roncudo segue medrando neste comezo de 2009 procurando traer de novo aquelas vellas glorias que puxeron á emisora municipal de Corcubión nas radios de boa parte da comarca.

Como exemplo temos a volta de José Luis Louzán, profesional radiofónico que continuara a súa carreira, logo de pasar moitos anos na época dourada da Radio Neria, na Radio Nordés. Culminaba a súa experiencia con varias emisións en directo dende a Zona 0 do Prestige, dende Muxía, dende onde alén de informtivos, chegou a participar no programa da tarde La Ventana, con Ienma Nierga e Boris Izaguirre.

A día de hoxe, ben é sabido que o seu amor polo periodismo e polo medio, que polo de agora calma cun par de minutos nos xoves do Vivindo a Costa da Morte da Radio Nordés. Non lle chega, Louzán quere máis, i é que ademais de verdades como puños tamén sabe de bandas sonoras unha barbaridade.

Así cada luns, ás 23:00 da noite, despois do programa de Suso Lista, aparece Louzán co seu BSO.

  • Cantos anos fai que non fas un programa de radio?

Deixei a radio como profesional no ano 2004, ainda que o pasado 2007 volvin a ocuparme dos Deportes na Cadena SER, en Radio Nordés durante un mes. Dende entón ata o de agora só a miña columna en Vivindo a Costa da Morte e nada máis.

  • Por que deixaras o periodismo?

Houbo moitas razóns e sería longo de explicar. Entendín que era o momento de cambiar, nada máis.

  • Que te leva a voltar á radio?

A radio é un vicio, un vicio dos malos. Ter a capacidade e a posibilidade de comunicar os demais algo que che guste, ou que che preocupe resulta maravilloso. Hai xente que simplemente non é capaz ou que non probou a facelo, pero pode resultar adictivo.

  • De onde vén ese amor polas BSO?Image

Non o sei, simplemente me gustan. Na adolescencia, cando un escoitaba o mesmo que os demais, entendín que a musica en xeral me aburría demasiado cedo, toda salvo as composicións que me acompañaban no cine noutra das miñas paixóns, as películas. Sempre me gustou a música clásica e a ópera e, ó mellor, iso ten moito que ver.

  • Top 5 de Louzán de BSO? e o das películas? Soen coincidir?

Normalmente coinciden, alo menos nas dúas primeiras Cinema Paradiso e Memorias de Africa, que son as miñas peliculas preferidas e tamén conteñen as miñas bandas sonoras preferidas. Outro caso é, por exemplo, Master and Comander, que utilizando pezas clásicas compón unha banda que acompaña fantasticamente unha clásica historia de corsarios e piratas. Neste caso a música e fantástica pero a película non entraría nese Top de cinco. As tres que faltarían sería demasiado difíciles de elixir. Por música incluiria a moitas; El Bueno, el feo y el malo, Blade Runer, Carros de Fuego, A guerra das Galaxias, Superman, ET.... moitisimas.

  • Como ves o estado da radio municipal de Corcubión en comparación con como estaba cando formabas no equipo?

Mal, pero como sempre chea de xente ilusionada. O que sucedeu cando nós, os que entón nos dedicabamos a ela de seguido, a deixamos para comezar unha carreira profesional foi, basicamente, que outro grupo de persoas que se crian capacitadas se fixeron cargo de algo que, a vista dos feitos, lles quedaba demasiado grande. Dame certa pena por un lado ver como quedou todo pero entendo que mentres se siga adiante como agora, con gañas e ilusión, a radio municipal ten futuro seguro.

  • Louzán é unha persoa que ten moito que dicir. Para cando un programa cun sentido crítico no político e no social?

(Risas) Ben, por agora "non toca" coma diría o President Pujol... O feito da existencia de Verdades como Puños ou a Sinatura na Cadena SER son puramente "terapia" persoal, e pataletas de cidadán con vergoña allea, pero penso que de momento será suficiente con iso.

  • Cales os maiores males da Costa da Morte?

O maior mal da Costa da Morte son os seus habitantes. De entre eles, de entre os seus habitantes, xurden os seus politicos e representantes e as malas ideas, e a ausencia de escrupulos, e de forza e de paixon para defender a esta terra. As persoas sempre son o fin de todolos bens e todolos male, e aqui tamen. Persoas con agallas terían feito deste territorio privilexiado moito mais do que é, na vez de depredalo como o fixeron.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com