Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Caride inaugura as obras de condicionamento da estrada en Laxe-Ponte do Porto  Correo-e
miércoles, 21 de enero do 2009

Image

Comeza a Xunta a traballar na mellora da estrada Laxe-Ponte do Porto, unhas obras que terán moi en conta as caractrísticas de tráfico e que tentarán respetar o máximo posible o entorno natural nos treitos de baixa circulación. Para dar lur verde as obras, chegaba o político de turno, neste caso a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride.

Caride asistía ao inicio das obras de acondicionamento da estrada AC-433 que vai dende Laxe ata a conexión coa estrada Vimianzo-Camariñas (á altura do cruce de Recesindes, no termo municipal de Vimianzo)

Estradas imos arranxando, pero que pasa co servizo de trasnporte público?

Nota de prensa da CPTOPT 

POLÍTICA TERRITORIAL INICIA AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA LAXE-PONTE DO PORTO, NA QUE INVESTIRÁ 4,7 MILLÓNS DE EUROSImage

  • As obras adecuaranse ás características do tráfico en cada treito, creando variantes e incorporando beirarrúas nas zonas xa urbanizadas e respectando ao máximo o entorno natural nos treitos con menos circulación

Laxe, 20 de xaneiro de 2009.- A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, asistiu hoxe ao inicio das obras de acondicionamento da estrada AC-433 que vai dende Laxe ata a conexión coa estrada Vimianzo-Camariñas (á altura do cruce de Recesindes, no termo municipal de Vimianzo), ao longo de 12,6 quilómetros.

A CPTOPT inviste nesta actuación un total de 4,7 millóns de euros, dos que un millón destinouse ao pagamento de expropiacións, e ten un prazo de execución de 18 meses. O proxecto de mellora foi deseñado tendo en conta tanto as características do tráfico que circula por esta estrada como os condicionantes urbanos e paisaxísticos da zona, unha zona moi accidentada.

Así, nos treitos nos que está previsto un maior volume de tráfico, que se corresponden coas zonas urbanizadas entre Laxe e Soesto (á altura do cruce coa estrada provincial que comunica con Baio), realízanse correccións de trazado e inclúese a construción dunha variante de 800 metros que evita o paso do tráfico polo núcleo de Soesto así como unha glorieta de intersección coa estrada provincial. No percorrido entre Laxe e Soesto a estrada disporá de dous carrís de 3 metros e beiravías de 1 metro, excepto no último quilómetro de entrada a Laxe, onde os carrís serán de 3,5 metros e se lle dará un tratamento específico con aparcadoiros e beirarrúas. Así mesmo Política Territorial ten previsto acondicionar o treito da actual estrada que atravesa Soesto –e que quedará relegado a tráficos internos trala construción da variante- e transferilo ao Concello de Laxe unha vez arranxado.

Por outra banda, nos treitos onde a intensidade de tráfico é menor -os dez quilómetros dende Soesto ata o cruce de Recesindes (Vimianzo)- a mellora da vía realizarase procurando reducir ao mínimo as afeccións ao entorno natural que atravesa. Nestes treitos melloraranse os firmes, as drenaxes, as marxes da calzada e as incorporacións á estrada, o que redundará nun incremento da seguridade viaria aínda que non se modifique o trazado actual. Neste percorrido a estrada contará con dous carrís de 3 metros e con beiravías de 1 metro nos treitos en que o terreo o permita. Así mesmo, para mellorar a seguridade viaria dos peóns, no núcleo de Recesindes construirase unha senda peonil de 380 metros separada da calzada.

A remodelación integral desta estrada é unha actuación que repercutirá de xeito notable na mellora das comunicacións desta zona da Costa da Morte tanto para os tráficos de carácter local que se producen ao longo de todo o ano como para aqueles de carácter turístico que se rexistran na tempada de verán, xa que é unha zona onde existen moitas praias. Ademais da redución dos tempos de percorrido, o acondicionamento previsto permitirá elevar os parámetros de seguridade viaria tanto para os condutores como para os peóns, reforzados sobre todo coa construción de variantes e de sendas peonís. Así mesmo, esta actuación responde aos obxectivos da Consellería de Política Territorial de contribuír á dinamización das zonas máis afastadas e ao reequilibrio territorial de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da CPTOPT.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com