|

"É unha desgracia para todos que estas cousas teñan que ocorrer, e que sexa sempre en Dumbría. Xa é a cuarta vez que sucede logo das naves de Sarteguas e Olveiroa, ademais dunha casa en Buxantes. Todo isto ocorreu cando Ramiro, o do PP, non estaba. De quen é a culpa entón dá inseguridade urbanística en Dumbría", pregunta Ramiro Igrexas, líder do PP en Dumbría. O portavoz dos populares manifesta publicamente o seu pesar ante as obras de demolición da denominada nave de Fariña, sita entre Dumbría e Berdeogas, que considera unha consecuencia dunha política preexistente á súa chegada á vida política local e da cal, como veciño, abomina polos danos que causan aos veciños de Dumbría, "que son os máximos perxudicados". O feito de ser obxecto dunha presunta campaña de desprestixio, que o situaría como principal instigador das denuncias por presuntas ilegalidades urbanísticas, lévalle a exclamar que "as culpas as levo eu porque é moi fácil acusar sen probas pero, en democracia, hai que ter probas que sustenten as acusacións". Unhas probas que el si se preza en achegar ao recordar que a mencionada nave, agora case por completo derruida, viu a súa sorte decidida coa denuncia interposta por J.A. Fariña Sambade o 27 de abril do 2.005 ante o Concello e a consecuente presentación, o 31 de outubro do 2.006, de devandita denuncia ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a ulterior intervención do fiscal Roma. Unhas actuacións xurídicas ás que se sumaron a COTOP e o propio Concello de Dumbría, que emitiría orde de paralización e derriba. Situada nun xacemento arqueolóxico A nave atópase situada, segundo a documentación achegada por Igrexas, nunha zona de protección forestal e, o que agravaría a situación notablemente, nun xacemento arqueolóxico: a necrópole megalítica das Canselas. Unha dobre problemática que o popular non dubida en depositar no debe do alcalde de Dumbría, o socialista Pequeño, ao cal considera "o gran consentidor". Un mote que Igrexas xustifica no descoñecemento por parte do gran público de que a competencia urbanística "tena o alcalde, que é o responsable de que haxa este tipo de derribas. Xa levamos catro, entre esta lexislatura e a anterior. E os que veñen", advirte. Novas relacionadas Fonte - Diario de Bergantiños, da man de Manuel Sambade.
|