Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Seiruga acode ao Valedor  Correo-e
jueves, 22 de enero do 2009

Image

"Xa está ben", pensan por Seiruga. "Xa está ben de ser a escombreira de Malpica". Ese é o sentimento de boa parte da vecindade de Seiruga, aldea malpicá da parroquia de Barizo, que cansa ante o continuo goteo de malas novas arredor da zona.Image

Alfonso Vidal, voceiro da Plataforma Seiruga Limpa, acodía ao Valedor do Pobo solicitando un estudo de Impacto Ambiental, sobre o proxecto de rexeneración da praia de do Cánido, que implica a extracción de area en "zona próxima" á Seiruga, que vemos sinalada neste mapa da dereita. Hai que lembrar que falamos dunha zona que agarda novidades da suposta planta acuícola, feito que xenera dúbidas de confusións na zona, ata o punto de chegar a pensar que a dragaxe da area para a rexeneración da praia pode ser un mero primeiro paso para a construción do tubo da piscifactoría.

Reaccións en casos semellantes

A Plataforma recabou información de moitos puntos sobre a rexeneración artificial de praias, decantándose de que todos os grupos ecoloxistas están en radicalmente en contra. Así, topamos con boa información de Greenpeace, ou coa reacción de ADEGA ante un proxecto semellante en Corcubión.

Greenpeace admite que esta clase de accións é un dos gastos máis habituais nos proxectos de concellos de Costa, ante a perda dunha das principais fontes de ingresos dos concellos turísticos costeiros. Ambos grupos aseguran que as extraccións de area en xacimentos submariños pode chegar a destruir ata o 60% das especies de vexetación da zona. A afectación ao marisqueo tamén sería moi importante. 

PeticiónsImage

Dende Seiruga téñeno claro, e calquera obra terá que pagar o seu prezo, que nunca chegará a ser o xusto, pero polo menos suporía unha contrapartida para a xente da zona.

Solicitan ser informados da zona exacta de extracción ademais do Plan completo. Solicitan o compromiso de Costas, e que o concello se faga responsable ante caquera problema. Ademais, hai outra serie de peticións enfocadas ao acondicionamento dos accesos ás praias de Barizo, e construción de duchas e servicios para praia Pequena, a de Barizo e a de Seiruga.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com