Luns, 06 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Genaro Amigo: "O proxecto de rexeneración da praia de Canido é coma desvestir a dous santos"  Correo-e
viernes, 23 de enero do 2009

O presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Genaro Amigo Chouciño, expresou as súas dúbidas sobre o proxecto de rexeneración da praia de Canido, en Malpica. Genaro Amigo, patrón maior da Confraría de Malpica, armador dunha pequena embarcación de baixura, membro do GAC, diriixe agora este ente estatal dende Madrid, pero sempre mantén un ollo posto na Costa da Morte e a súa Malpica natal.Image

Fixémoslle varias preguntas acerca de todos os proxectos que hai arredor do concello malpicán:

  • Que opina do proxecto de rexeneración da praia do Canido, que supón a extracción de máis de 100.000 m3 de area da zona de Seiruga?

A verdade é que entereime pola prensa, e o único que teño que dicir é que se trata dun proxecto unicamente do concello. Non contaron coa opinión da confraría nin dos pescadores. Persoalmente penso que esto de coller de aquí para poñer alá pode perxudicar a zona, e máis cando sabemos todos como é de batido o mar de Malpica.

  • Non cre que pode afectar ao marisqueo?

Non só ao marisqueo, senón tamén á pesca de baixura e ao fondo mariño. Quen sabe o que pode pasar na area, e onde pode acabar. Penso que se a area poidese vir de outro lado, non dunha praia da zona, non habería tanto problema, pero sacala dun lado e metela noutro non é a solución. Non é desvestir a un santo para vestir a outro, isto é coma desvestir aos dous santos.

Sobre a piscifactoria, a confraria xa se manifestou no seu momento. Se ata o concello está en contra, aquí, dende o primeiro mariñeiro estamos radicalmente en contra, así nolo pedía a xente.

Sobre o proxecto do balneario, a verdade é que non o coñezo, pero podería ser moi bo para a zona, un bo impulso turístico. Isto dígoo a nivel particular, non a nivel da confraría, que non se tratou ese tema.

E do proxecto da Selaguía, pois penso que todo fai falta.Image

  • Como vai a posta en marcha do GAC?

A última reunión tivo lugar o venres pasado, e parece que vai todo cara adiante e ben. Xa se presentou o Plan e tan só falta que nolo aprobe a Xunta para ver se conseguimos os cartos. 10 millóns de euros son moitos cartos e podemos facer cousas moi boas para a Costa da Morte.

Pero hai que gastalos ben! Vale deixalos cartos en Bruselas antes que gastalos mal.

  • Que lle parece a disgregación da Costa en dous GAC? Hai xa algún proxecto en firme? Cales serán as principais liñas de actuación?

O plan aínda está moi aberto, non hai nada aprobado. Temos tempo abondo ata o 2013, así que hai ir pasiño a pasiño. Pero tampouco hai que quedar durmindo. Por exemplo, o plan da piscina ten que saír rápido, pero os plans do GAC teñen que ir a modo.

  • Avanzou a conciencia medioambiental na baixura galega?

Pouco a pouco a conciencia vai mellorando, sobre todo da man da xente nova, que se vai concienciando máis, con novas ideas, e iso vai influindo nos máis maiores tamén. Aínda queda moito traballo por facer nese eido pero as novas xeracións están máis preparadas.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com