|

A Universidade Popular de Corcubión colabora coa Sociedade Galega de Filosofía e a Facultade de Filosofía da USC na organización deste Seminario de Filosofía que se desenvolverá en Corcubión un sábado ao mes entre marzo e xuño. Aí detrás están os profesores do IES Fernando Blanco Serxio Iglesias e Javi Turnes. O Seminario xirará en torno a Tiqqun, centrándose nas ideas dos seus libros. Hai dous libros claves, e ao tempo extranos, difíciles, visionarios, "un pouco" sombríos: Teoría del Bloom e Introducción a la guerra civil. Os dous firmados polo "medio" anónimo Tiqqun na editorial Melusina. Os ‘membros’ de Tiqqun, que pensan como bárbaros interiores, non son rusos nin árabes, senón dos nosos, franceses ou italianos -poucos o saben- e falan o noso idioma. Son cultos, citan a Benjamin, a Walser y a Kafka. E sen embargo, o que din non deixará de alterar os nosos ouvídos, pois volven sobre noso pasado contra esta cultura do presente e descobren unha temporalidade oculta na nosa historia que nos fai aberrantes. Teñen a ousadía e o descaro de ignorar que a Democracia se ten convertido na relixión verdadeira. Serán catro sesións, adicando dúas a cada libro. A idea é que un relator faga unha pequena presentación da súa lectura da parte correspondente a cada sesión e a partir de aí debería xurdir o debate. Datas, relatores e lugares - Sábado 14 marzo: Teoría do Bloom I. Ignacio Castro. Profesor de Filosofía (Madrid).
- Sábado 18 abril: Teoría do Bloom II. Miguel A. Quintanar. Profesor de Filosofía (Lugo).
- Sábado 9 maio: Introdución á guerra civil I. Marcos Lorenzo. Antropólogo e economista (Santiago).
- Sábado 5 xuño: Introdución á guerra civil II. Javier Turnes. Profesor de Filosofía (Cee).
Os catro seminarios desenvolveranse na Casa da Cultura de Corcubión de 11:00 a 13:30. Inscrición Os seminarios están abertos a todo aquel que desexe asistir, as únicas condicións son ter lido os libros (que podedes pedir on line na propia editorial sen gastos de envío: 10 € cada un) e pagar a cuota de 20 euros (agás estudantes). Para inscribirse ou recibir máis información, podedes poñervos en contacto co coordinador da actividade, Javier Turnes, no seguinte mail:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Novas relacionadas Fonte
|