Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Loita nos medios arredor da actualidade política dumbriesa  Correo-e
lunes, 02 de febrero do 2009

A política dumbriesa continúa sendo un foco de polémica, dos máis quentes de toda a Costa da Morte, ata o punto de chegaren a insultos persoais nos medios de comunicación. Así, puidemos ler e escoitar ao voceiro do PP, Ramiro Iglesias, falar de "dictador" e "cacique", referíndose ao alcalde José Manuel Pequeño. pero tamén puidemos escoitar aos representantes do goberno municipal asegurar que o PP de Dumbría "non é un partido político", e o seu voceiro "só é un paiaso que está en política por interese particular".

Pleno de 5 minutos

Image 

Se en Corcubión non tardaban 5 minutos en dar por zanxado un pleno, a semana pasada ocorría o mesmo en Dumbría. O voceiro do PP, Ramiro Iglesias, a única oposición que hai en Dumbría, erguíase ante o que claificaba de "falta de democracia" ao negarlle o alcalde a posibilidade de intervención no punto referido á reclamación presentada aos orzamentos municipais do 2009. Frases do calibre de "mordaza ditatorial a liberdade de expresión" ou "Dumbría ríxese pola Lei Pequeno/83" son utilizadas continuamente por Ramiro, indicando que o caciquismo non marcha do concello dende 1983, ano no que Pequeño entraba no poder.

Pequeño argumentou que o debate sobre os orzamentos do 2009 xa tivera lugar no seu correspondente pleno, e que o voceiro do PP só pretendía "entorpecer a vida municipal".

Pouco aforro e pouco emprego

O edil do PP, logo do pleno volta a saír á voz pública no Diario de Bergantiños, asegurando que o goberno non ten claridade económica e o acusa de "malgasto", ademais de "convertero concello nunha sucursal do INEM".

Ramiro non admite nin entende como é posible que, nun Concello como o de Dumbría, con pouco máis de 3.000 habitantes, "o persoal do Concello sexa de 25 traballadores, entre altos cargos, persoal da administración e persoal laboral, sen contar cos traballadores do último obradoiro que nos concederon".

Orzamentos

Ramiro repasa as contas de gasto municipal en soldos. O orzamento municipal do ano 2009 ascende a 4.610.477, 46 euros, deles 1.460.390 euros son para pagar ao persoal e outros 1.645.951 euros para gastos de mantemento do propio Concello. "As inversións previstas para ou 2009 son de 1.486.823 euros. O 68% corresponden a gastos deixando tan só un 32% para inversións", sinala Ramiro. Unhas cifras que, na súa opinión, están lastradas pola excesiva carga do persoal e polo seu alto custo de mantemento "cando non temos servizos nin infraestruturas non Concello".

Novas relacionadas

Fonte

  • Diario de Bergantiños.
  • Fotografía cedida por Manuel Sambade, do Diario de Bergantiños.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com