|

Nun intento de mirar polo propio patrimonio, o PSdG-PSOE de Ponteceso anuncia que ten reservados un par de dominios para a promoción dos tesouros naturais do concello. De feito, os dominios son www.tesoronatural.com e mais o galego www.tesouronatural.com. O primeiro lugar que destacan os membros do PSdG é unha fervenza, un dos nosos recunchos favoritos, e que, sen falta, visitaremos esta fin de semana. A fervenza de Brixería-Cerezo atópase a tan só 2 quilómetros da capital municipal, e como a meirande parte destes espazos na bisbarra, non está sinalizado nin acondicionado para a visita. Para acceder a el, hai salvar silvas, toxos e demais obstáculos, nun lugar que, cunha correcta sinalización e e promoción, poderái ser un atractivo turístico máis para o concello. Iso é o que solicitan dende o PSdG, que comparan a repercusión coa fervenza do Ézaro. Para recuperala, o grupo presentara unha moción no próximo pleno para que se habilite un acceso dende o mirador da estrada vella, cunha escaleira de madeira e promontorios para tomar fotografías. A moción contempla a contratación de parados para o acondicionamento do acceso e do lugar, e a colocación dunha corda grosa para que sirva de axuda temporal para subir e baixar polas beiras, antes da correcta adecuación do lugar, para o que se pedirían axudas á Xunta e á Deputación. Ademais, lembra que o lugar é aínda máis bonito comtando cos 10 muíños abandonados que hai nos arredores, e que se poderían recuperar (como están a facer en Muxía cos do Río Negro, por exemplo). Nota de prensa do PSdG-PSOE de Ponteceso O PP de Ponteceso non explota o noso potencial turístico O primeiro fin de semana de Febreiro os medios abren con fotos da Fervenza do Ézaro, visitada por miles de turistas cada ano. Ponteceso tamén ten unha fervenza, pero está chea de silvas e sen sinalizar, cando hai un acceso estupendo na estrada de Ponteceso a Corme. O trazado da estrada nova bríndanos unha oportunidade única posto que deixou un tramo de asfalto libre da estrada vella que é perfecto para parking de buses e coches. O Psoe móvese por Ponteceso e difundirá esta e outras belezas naturais alá onde poda, xa que o Goberno local non fai nada. Aínda así, presentaremos unha moción no próximo pleno para que se habilite un acceso dende o mirador da estrada vella, cunha escaleira de madeira e promontorios para tomar fotografías. A fervenza do Ézaro unha marabilla da natureza e está aberta só unhas horas, pero miles de persoas cada ano acoden a vela. Isto non sucede en Ponteceso: nós temos a que podería ser a fervenza máis próxima ao mar do mundo despois da do Èzaro, entre os lugares de Brixería e Cerezo, a tan só 2 kilómetros de Ponteceso. A beleza do lugar vese acrecentada pola existencia de ata dez muíños abandonados, que na nosa opinión debían ser restaurados. O muíño de abaixo, o mellor conservado, ten un tellado dende o que hai unha magnífica vista da fervenza. Para nós o feito de que o Alcalde Fondo Aguiar non coñeza esta fervenza nin explote o seu potencial turístico é boa mostra do seu cansancio e o esgotamento do seu goberno tras máis de 15 anos de poder. A diferencia do PP que solo está para cobrar e facer unha política caciquil , dende o Psoe estamos a traballar continuamente polo progreso de Ponteceso. Por iso a nosa agrupación visitou onte esta fervenza, aínda que nos custou adentrarnos porque o acceso ás súas veiras están cheo de silvas e toxos. Aínda así, puidemos tirar moitas fotos que presentamos como primicia na nosa web www.ponteceso.psdeg-psoe.org. Dende aquí queremos anunciar que no vindeiro pleno presentaremos unha moción para que se acondicione o seu entorno, sinalizando o seu acceso dende o antigo mirador da estrada Ponteceso-Corme. Para isto aproveitaremos que a estrada vella deixou xusto a carón da cabeceira da fervenza un tramo de “vía morta” de cincocentos metros de asfalto que pode ser pintado perfectamente para aparcadoiro de autobuses e coches. As choivas recentes permiten unha vista única da fervenza, por iso nesa moción solicitaremos ao Concello que, de xeito inmediato, leve a cabo estas dúas accións: - 1.Contratar a parados do municipio para limpar de silvas e toxos un carreiro que zigzaguea montaña abaixo dende ese mirador ata onde acaba a fervenza, xa no lugar de Cerezo-Brixería.
- 2. Atar unha corda grosa a unha das grosas árbores de preto do mirador para que sirva de axuda temporal para subir e baixar polas beiras, namentras non se consegue que se instalen escaleiras de madeira e plataformas ou miradores.
Tamén solicitaremos nesa moción que, a medio prazo, o Concello pida axudas á Xunta e á Deputación da Coruña para acondicionar este espazo como é debido, pois podería ser un polo de atracción turística pola súa beleza e o seu doado acceso. Máis información - Fotos da fervenza, na galería da web: pinchar aquí.
Novas rellacionadas Fonte - Nota de prensa do PSdG-PSOE de Ponteceso.
|