doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Versalles animará o domingo de Entroido de Dumbría  Correo-e
martes, 03 de febrero do 2009

Image

Un novo entroido programado na Costa. Desta volta tócalle ao concello de Dumbría artellar o seu programa, que se desenvolverá integramente o domingo 22 de febreiro, xa que o martes 24 de seguro que están por Fisterra como fixeran o ano pasado os Mexicanos da imaxe.

Unha concentración de tódolos disfrazados/as abrirá a festa, a partir das 17:00h. na praza do Concello. De aí, pasarrúas ata a praza da Igrexa, con entrega de lambonadas a tódolos nenos/as disfrazados.

É o Concurso de Disfraces e de Comparsas son as estrellas do programa, e contarán con 1.500 euros en premios. O 1º premio para a Comparsa gañadora será de 800 euros, por 400 da 2ª e 200 da 3ª. No tocante aos disfraces, o premio ao mellor disfraz individual será de 120 euros.

Como remate da festa, baile coa orquestra VERSALLES.

Inscrición

As comparsas deberán inscribirse nas oficinas do Concello ou ben chamando ó 981 74 40 01 en horario de 8 a 15 h. antes do 19 de febreiro. As bases da convocatoria poderán consultarse nas oficinas municipais.

As comparsas pertencentes ó concello de Dumbría poderán obter unha axuda económica. Para optar a esta, deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases e formalizar a inscrición nas oficinas do Concello no prazo sinalado.

Novas relacionadas

Outros programas de Entroido

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com