Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Suárez Canal apoia ás cooperativas do Centro de Recría Ganxabar de Mazaricos  Correo-e
miércoles, 04 de febrero do 2009

Visitaba Suárez Canal un Centro de Recrían en Mazaricos. Falamos do Centro de Recría de Xovencas “Ganxabar”, un centro xestionado como unha coopertiva, feito que atraeu a atención dunha Consellería que pretende potenciar estes entes para afrontala crise.

Son 3 as cooperativas que participan na xestión do centro: Socios de Gandeiros de Xallas e Barcala, que mira polo centro, Cuma de Xallas e Barcala coida da cooperativa de maquinaria, e a planta de forraxes e mesturas, que é controlada por Forraxes de Xallas e Barcala. 3 cooperativas que xa recibiron axudas de Medio Rural, dende a súa posta en funcionamento en outubro de 2006. A idea é a de "aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras galegas e a súa viabilidade económica e ambiental".

Xa conta cunha capacidade para 750 xovencas, mellorando a súa cría e recría, feito que ve aumentada a súa importancia ante o déficit permanente de animais de vida.

Vemos ao conselleiro na imaxe na súa última visita a Carnota, para coñecer de preto os traballos arredor do Monte Veciñal de Lira.

Nota de prensa de Medio RuralImage

Medio Rural impulsa a recría de xovencas para incrementar o valor engadido das explotacións leiteiras

  • O conselleiro Alfredo Suárez Canal, acompañado pola delegada provincial, Olga García Agra, realizou unha visita a Mazaricos, ás instalacións do Centro de Recría de Xovencas “Ganxabar”, de xestión cooperativa, onde coñeceu os proxectos de tres cooperativas apoiados por Medio Rural.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2009.- Medio Rural iniciou unha política de apoio ás cooperativas agrarias de cara a aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras galegas e a súa viabilidade económica e ambiental, así como a mellora das condicións de traballo e a introdución de novas tecnoloxías, mediante o fomento da recría e do cebo de exemplares da raza frisona, fundamentalmente.

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, realizou unha visita a Ganxabar sociedade cooperativa galega, integrada por nove socios. Alí felicitou aos membros da cooperativa polo esforzo realizado na liña iniciada dende Medio Rural. Este Centro de recría de xovencas está impulsado por Socios de Gandeiros de Xallas e Barcala, a cooporativa de maquinaria por Cuma de Xallas e Barcala e a planta de forraxes e mesturas, por Forraxes de Xallas e Barcala.

Suárez Canal destacou a aposta polas producións de calidade con base nos recursos propios como modelo para afrontar situacións de conxuntura económica desfavorables. Neste sentido, avogou por sistemas que reduzan a dependencia de insumos externos, apostando pola recría e polo autoabastecemento na alimentación do gando.

O Centro de Recría comezou a funcionar en outubro de 2006, cunha capacidade para 750 xovencas, e supuxo un investimento de 1,35 millóns de euros, co apoio de diversas liñas de axudas da Consellería do Medio Rural. No centro de recría traballan 2,5 UTA e, a maiores, o traballo técnico do veterinario encargado da súa xestión e do técnico agrónomo da Cooperativa de maquinaria.

A motivación do centro de recría segundo os seus promotores consiste na mellora da cría e recría de xovencas debido ao déficit permanente de animais de vida, provocado pola dificultade de realizar un manexo axeitado; a dificultade de recriar os animais suficientes pola falta de instalacións axeitadas; mellora xenética; diminución da carga de traballo nas respectivas explotacións e boa experiencia dos resultados obtidos na CUMA.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com